Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións mantén aberto o prazo de solicitude do Ingreso Mínimo Vital, unha prestación dirixida a previr o risco de pobreza e exclusión social das persoas que vivan soas ou integradas nunha unidade de convivencia, cando se atopen nunha situación de vulnerabilidade por carecer de recursos económicos suficientes para a cobertura das súas necesidades básicas.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 15/06/2020
Requisitos:
Cumprir as condicións de vulnerabilidade económica establecidas nas bases (que a renda do fogar da persoa solicitante non chegue ao limiar de ingresos fixado para ese tipo de fogar e non superar os límites de patrimonio fixados para cada tipo de fogar, descontada a vivenda habitual)
Ter máis de 23 anos (agás que teña algún menor ao seu cargo) e menos de 65.
Residencia continuada e ininterrompida en España durante polo menos o ano anterior á presentación da solicitude e residencia legal no noso país no caso de cidadanía estranxeira.
Para as persoas solicitantes que viven soas, non integradas nunha unidade de convivencia, esíxese vivir durante polo menos os tres anos previos á solicitude de forma independente das persoas proxenitoras.
Remuneración / Dotación:
A renda garantida será de 462 €/mes para unha persoa adulta que viva soa. Nas unidades de convivencia esta cantidade incrementarase en 139 €/mes por cada persoa adicional ata un máximo de 1.015 €/mes, e para as familias monoparentais engádese un complemento de 100 €.
A duración da prestación prolongarase mentres persista a situación de vulnerabilidade económica e se manteñan os requisitos que orixinaron o dereito á súa percepción (a súa contía adaptarase no caso de aumento ou perda de ingresos laborais ou doutro tipo cos que o IMV é compatible).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible