Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Ingreso Mínimo Vital

O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións mantén aberto o prazo de solicitude do Ingreso Mínimo Vital, unha prestación dirixida a previr o risco de pobreza e exclusión social das persoas que vivan soas ou integradas nunha unidade de convivencia, cando se atopen nunha situación de vulnerabilidade por carecer de recursos económicos suficientes para a cobertura das súas necesidades básicas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 15/06/2020

Requisitos:

  • Cumprir as condicións de vulnerabilidade económica establecidas nas bases (que a renda do fogar da persoa solicitante non chegue ao limiar de ingresos fixado para ese tipo de fogar e non superar os límites de patrimonio fixados para cada tipo de fogar, descontada a vivenda habitual)
  • Ter máis de 23 anos (agás que teña algún menor ao seu cargo) e menos de 65.
  • Residencia continuada e ininterrompida en España durante polo menos o ano anterior á presentación da solicitude e residencia legal no noso país no caso de cidadanía estranxeira.
  • Para as persoas solicitantes que viven soas, non integradas nunha unidade de convivencia, esíxese vivir durante polo menos os tres anos previos á solicitude de forma independente das persoas proxenitoras.

Remuneración / Dotación:

A renda garantida será de 462 €/mes para unha persoa adulta que viva soa. Nas unidades de convivencia esta cantidade incrementarase en 139 €/mes por cada persoa adicional ata un máximo de 1.015 €/mes, e para as familias monoparentais engádese un complemento de 100 €.

A duración da prestación prolongarase mentres persista a situación de vulnerabilidade económica e se manteñan os requisitos que orixinaron o dereito á súa percepción (a súa contía adaptarase no caso de aumento ou perda de ingresos laborais ou doutro tipo cos que o IMV é compatible).

Páxina web:

www.seg-social.es

Contacto:

Oficinas da Seguridade Social

Teléfono gratuíto de información sobre IMV: 900 20 22 22 (de 9.00 a 14.30 h)

Publicación: BOE 01/06/2020

SOLICITUDES: prefiblemente a través da Sede electrónica da Seguridade Social:

  • con certificado electrónico ou Cl@ve
  • sen certificado electrónico ou Cl@ve

MÁIS INFORMACIÓN:

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión