O Parque de Santa Margarida acollerá unha nova edición do Día da Ciencia na Rúa, na que 54 centros educativos de diversas localidades galegas amosarán actividades de bioloxía, tecnoloxía, matemáticas e física para todos os públicos. Xunto eles, persoal de entidades da investigación e divulgación presentarán unha ampla programación para toda a cidadanía e haberá actividades paralelas na contorna do edificio da Casa das Ciencias. Nos Museos Científicos Coruñeses haberá tamén xornada de portas abertas.
Para público en xeral
04/05/2024
de 11:00 a 19:00 h.
de balde
https://www.coruna.gal/mc2/gl/detalle/dia-da-ciencia-na-rua-2024/
Museos Científicos Coruñeses
Casa de las Ciencias. Parque de Santa Margarita, s/n. 15005- A Coruña
Tel.: 981 189 844
Tamén participará persoal da investigación e divulgación das seguintes entidades e institucións vinculadas á actividade científica:
O programa inclúe outras actividades paralelas da man da Asociación Galega de Xadrecistas-AGAX, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, Bricolabs, Incude, UDCiencia d+i, ademais dun concerto da Banda Municipal da Coruña ás 12.00 horas e un espectáculo de monólogos científicos da man da Ciencia Calidade partir das 17.30 horas.
Os Museos Científicos Coruñeses celebran este día cunha xornada de portas abertas nos seus tres centros, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae:
Dende o 04/05/2024 ata o 25/05/2024
Con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Dende o 02/05/2024 ata o 24/05/2024
ás 14:00 h. Prazas libres: do 4 de xuño ata 5 días antes do inicio do campo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible