Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Sofya Melikyan

A pianista interpretará obras de Chopin, Mompou e Granados.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

10/11/2015

Xa rematou

Horario:

20 horas.

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

20'00 euros (menores de 25 anos 10'00 euros).

Televenda:

Ataquilla.com

Concerto incluído nos organizados pola Sociedade Filharmónica da Coruña dentro do ciclo de outono.

Sofya Melikyan, de Yerevan en Armenia, obtivo máximos galardóns e premios especiais nos concursos internacionais tales como o Concurso de Piano Marisa Montiel, Concurso Internacional de Piano de Eivissa, Premio Interpretación Musical da Asociación de Amigos do Colexio de España de París, entre outros.

En 2006 debutou cun recital no Carnegie Hall de Nova York ao que volveu recentemente. Colaborou como solista coas orquestras Sinfónica Nacional de Armenia, Estatal de Cámara de Armenia, Filharmónica Europea, Nova Orquestra Nacional de España e moitas máis.

PROGRAMA

  • I PARTE

FRÉDÉRIC CHOPIN: Nocturno en Do menor, Op. 48 nº 1

FEDERICO MOMPOU: Variacións sobre un tema de Chopin

FRÉDÉRIC CHOPIN: Polonesa-Fantasía en La bemol, Op. 61

  • II PARTE

ENRIQUE GRANADOS: Goyescas (Los Requiebros, Coloquio en la reja, El fandango de Candil, Quejas o la maja y el Ruiseñor, El amor y la muerte, Epílogo: Serenata del Espectro).

Venda de entradas a partir do 9 de novembro.

Despacho de billetes Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho de billetes Teatro Rosalía: só días de función, de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00 h.

Televenda: 902 504 500.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión