Spiral é a historia dun mago, o Mago Gusi, dende as primeiras ilusións máxicas ata a máis moderna maxia de preto coa última tecnoloxía de proxección de vídeo.
Familias
Para público en xeral
10/09/2016
Xa rematou
19.00 h (Prégase puntualidade, unha vez comezado o espectáculo non se permite o acceso á sala)
75 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
5'00 € (abono 3 familiar, 12'00 € (inclúe como mínimo un adulto e un menor))
(Menores de 3 anos, 2'00 €)
Trátase dun espectáculo para toda a familia no que os espectadores serán partícipes de todo canto sucede en escena converténdose, por momentos, en protagonistas das ilusións.
Maxia histórica, cartomaxia, maxia cómica, ... un divertido percorrido polas diversas facetas da maxia no que o público non deixa de sorprenderse e de gozar co que sucede, inexplicablemente, diante dos seus ollos.
O símbolo da espiral, ben coñecido dos galegos por medio dos petróglifos e as máis antigas inscricións pétreas marca o camiño fantástico que percorreremos durante 60 minutos máxicos
VENDA DE ENTRADAS
- DESPACHO CENTRAL DE BILLETES DA PRAZA DE OURENSE : de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
- DESPACHO DE BILLETES DO FORUM: Aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
- TELEVENDA: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h )
Entidades
Os días 30/05/2024 ás 19:00 , 13/06/2024 ás 19:00
Dende o 03/05/2024 ata o 17/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible