Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Forma Antiqva

Forma Antiqva é o conxunto residente do Auditorio - Palacio de Congresos "Príncipe Felipe" de Oviedo. Este concerto está incluído o en ciclo organizado pola Sociedade Filarmónica da Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

24/11/2015

Xa rematou

Horario:

20 horas

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

20'00 euros (menores de 25 anos, 10'00 euros)

Televenda:

Ataquilla.com

Centrado nos irmáns Pablo, Daniel e Aarón Zapico, e baixo a dirección deste último, Forma Antiqva é un conxunto de música barroca de formación variable que reúne aos intérpretes máis brillantes da súa xeración e que está considerado pola crítica como un dos conxuntos máis importantes e prometedores da música clásica en España.

A súa fulgurante carreira inclúe concertos nos máis prestixiosos festivais e ciclos do país ademais de grandes festivais europeos.

Foi galardoado co Premio da Radio Televisión do Principado de Asturias, o Premio da Música en Asturias, o Premio Serondaya á Innovación Cultural, é Grupo Recomendado da Asociación Española de Festivais de Música Clásica e Asturiano do mes do xornal A Nova España.

PROGRAMA

JOSÉ BLASCO DE NEBRA, Fandango de España

SANTIAGO DE MURCIA, Fandango

GASPAR SANZ, Marionas

ANÓNIMO, Xácara

SANTIAGO DE MURCIA - ARCANGELO CORELLI, Preludio, Grave e Giga

CONTE LUDOVICO RONCALLI, Preludio

GIOVANNI GIROLAMO KAPSPERGER, Passacaglia

ANÓNIMO, Bayle do Gran Duque

SANTIAGO DE MURCIA, Improvisación sobre Capona e Ciaccona. Cumbees

ANÓNIMO, Diferenzas sobre as Folías

GIOVANNI GIROLAMO KAPSPERGER, Colascione

JOHANN CASPAR FERDINAND FISCHER, Passacaglia

SANTIAGO DE MURCIA, Folías Galegas

DOMENICO SCARLATTI, Fandango

*Venda de entradas a partir do 23 de novembro

Despacho de billetes Central, Praza de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho de billetes Teatro Rosalía: só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Televenda: 902 504 500

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión