Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Aguirre, der zorn gottes de Werner Herzorg

En 1560, pouco despois da destrución do imperio inca, unha expedición española parte das montañas de Perú rumbo ás selvas do Amazonas, en busca da lendaria terra de El Dorado.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

20/07/2016

Xa rematou

Horario:

- mércores 22.30 h

Rógase puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permite o acceso á sala.

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3 euros (Carné xove, + 65 anos ou persoas desempregadas: 2.00 euros)

** Non se aplicará ningún desconto sen presentar o documento que acredite ser beneficiario del.

 

 

Organiza:

Javier Trigales

A viaxe equinoccial de Lope de Aguirre sérvelle a Herzog para compoñer unha prodixiosa "conquista do inútil". A linguaxe xestual de Klaus Kinski e a música alucinóxena de Popol Vuh converten a travesía nunha experiencia límite.

Director: Werner Herzorg
Intérpretes: Klaus Kinski, Helena Rojo
Alemaña, 1972 - 91 min
(V. O.S. en castelán)
NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 18 ANOS
Formato: DVD

* Coloquio con Javier Martín: bailarín e coreógrafo, coordina un proxecto de investigación de corte epistemolóxico arredor das artes do movemento e a creación de discurso e as súas aplicacións, o desenvolvemento de seminarios transdisciplinares de corte práctico, conferencias-performativas e desenvolvemento de grupos de investigación. O seu último espectáculo foi xunto ao famoso pianista ruso Oleg Karavaichuk.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión