A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2024-2025.
Para público en xeral
1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até o 21 de maio.
2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até o 25 de xuño.
64€
CONDICIÓNS DAS PERSOAS ASPIRANTES:
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD)
Rúa Poza Cabalo, s/n. 36212- Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986 246 399 / 619 910 967
PUBLICACIÓN: DOG 25/04/2024
INSCRICIÓN:
Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático completando o formulario dispoñible en www.edu.xunta.gal/eas e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (sede.xunta.gal/chave365). As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición na Secretaría da Escola.
Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría da Escola.
Persoas aspirantes que realicen as probas substitutivas de bacharelato: |
Persoas aspirantes que non realicen as probas substitutivas de bacharelato: |
|
|
PROBA SUBSTITUTIVA DE TITULACIÓN
A proba ten por obxecto acreditar os coñecementos e a madureza en relación cos obxectivos propios do bacharelato. Será cualificada cos termos APTO ou NON APTO. As materias da proba son:
DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 30 de maio de 2024, no IES San Clemente de Santiago de Compostela. R/ San Clemente, s/n. 15705. Tel.: 881 867 501
* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.
PROBAS ESPECÍFICAS ACCESO AS ENSINANZAS SUPERIORES DE ARTE DRAMÁTICA
A proba de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática será realizada por especialidades.
Constará dunha única proba que comprenderá diferentes exercicios, referidos á especialidade pola que opten as persoas aspirantes.
DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN: realizaranse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e darán comezo o día 8 de xullo de 2024, de acordo co calendario e horario que estableza o tribunal. * Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.
Dende o 03/05/2024 ata o 17/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible