Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior, curso 2024-2025

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, ciclos formativos de grao superior, para o curso 2024/25.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Primeiro prazo de inscrición: alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación (bacharelato): até 10 de xuño de 2024.

Segundo prazo de inscrición: alumnado que cumpre co requisito de titulación: até 21 de xuño de 2024.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

INFORMACIÓN:

- Nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño

Na Coruña: Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

R/ Os Pelamios, 2. 15001- A Coruña

Tel: 981 225 396

e-correo:

Correo-e: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.gal

www.eapicasso.com

- No portal educativo: www.edu.xunta.gal

Publiación: DOG 22/04/2024

PRAZOS DE INSCRICIÓN

Primeiro prazo de inscrición: alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación (bacharelato): do 23 de abril ao 10 de xuño de 2024.

  • Publicación de listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas tras 1º prazo de inscrición: 12 de xuño.
  • Período de reclamación contra a listaxe provisional tras 1º prazo de inscrición: 13 e 14 de xuño.
  • Publicación de listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas tras 1º prazo de inscrición: 17 de xuño.

Segundo prazo de inscrición: alumnado que cumpre co requisito de titulación: do 23 de abril ao 21 de xuño de 2024.

  • Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas tras 2º prazo de inscrición: 25 de xuño.
  • Período de reclamación contra a listaxe provisional do 2º prazo de inscrición: 26 e 27 de xuño.
  • Publicación listaxe definitiva no 2º prazo: 1 xullo.

Con carácter xeral, todas as solicitudes se cubrirán de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible na ligazón habilitada na aplicación CodexPro na páxina web de cada centro. As persoas solicitantes que non dispoñan de posibilidade telemática de presentación deberán realizar a inscrición na Secretaría da escola de arte e superior de deseño pública elixida en primeiro lugar, na cal se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño. A documentación entregarase na secretaría da escola para acreditar os datos consignados na solicitude. 

DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN DAS PROBAS

As probas de acceso ás ensinanzas de grao superior realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño en que se inscribisen as persoas aspirantes.

* Proba de substitutiva do Bacharelato: 19 de xuño de 2024. 1ª parte de 10:00-13:00h. 2ª parte de 16:00-17.00h.

  • Cualificacións provisorias: 25 de xuño.
  • Reclamacións: 26 e 27 de xuño.
  • Cualificacións definitivas: 1 de xullo.

* Proba específica: 3 de xullo de 2024. 1º exercicio de 10:00-11:00h. 2º exercicio de 12:00-14:00h. 3º exercicio de 17:00-19:00h.

  • Cualificacións provisorias: 8 de xullo.
  • Reclamacións 9 e 10 de xullo.
  • Cualificacións definitivas: 12 de xullo.

ACCESO DIRECTO

Estarán exentos de realizar a proba específica de acceso ao grao superior quen estea en posesión de:

  • Título de técnico ou técnica superior de Artes Plásticas e Deseño nun ciclo formativo da mesma familia profesional ca do ciclo formativo ao cal se pretende acceder, ou título declarado equivalente.
  • Título de bacharelato, modalidade de artes, ou de bacharelato artístico experimental.
  • Título superior ou de grao en ensinanzas artísticas superiores de Artes Plásticas nas súas diferentes especialidades, ou equivalente.
  • Título superior ou de grao en ensinanzas artísticas superiores de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou equivalente.
  • Título superior ou de grao en ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.
  • Titulación universitaria de licenciatura ou grao en Belas Artes, Arquitectura superior ou grao en Arquitectura ou Enxeñaría técnica en Deseño Industrial ou grao en calquera especialidade de Deseño Industrial.
  • Quen, estando en posesión dos requisitos académicos de acceso conforme o establecido Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro,  acredite ter experiencia laboral de, polo menos, 1 ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo ao que se queira acceder.

ACCESO MEDIANTE PROBA ESPECÍFICA

As persoas que posúan o título de Bacharelato, ou equivalente a efectos académicos, ou título de técnica ou técnico de FP ou título de técnica ou técnico de Artes Plásticas e Deseño, deberán superar unha proba específica.

Aquelas persoas que teñan pendentes algunha materia de bacharelato poderán presentarse á proba específica de acceso, e deberán acreditar que están en posesión da titulación requirida antes da publicación da listaxe provisional de adxudicación da proba específica.

Esta proba consta de 3 exercicios:

a) Primeiro exercicio: proba escrita. Desenvolvemento por escrito, tempo máximo 1h., dun tema proposto nun texto sobre artes plásticas e coñecementos histórico-artísticos. Neste exercicio valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos. Valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos.

b) Segundo exercicio: realización. Realización, durante un tempo máximo de 2h., de debuxos e bosquexos sobre un tema proposto para a súa aplicación posterior. Neste exercicio valoraranse as destrezas específicas e as capacidades de observación, percepción e aptitude para os estudos concretos das distintas familias profesionais.

c) Terceiro exercicio: execución. Consistirá en levar á práctica, nun tempo máximo de 2h., un exercicio definitivo a partir dos bosquexos realizados no segundo exercicio. Valoraranse a capacidade artística e a creatividade do/da aspirante, o sentido do espazo, a composición e a predisposición para os estudos concretos das distintas familias profesionais.

ACCESO PARA O ALUMNADO QUE NON REÚNA OS REQUISITOS ACADÉMICOS

(proba substitutiva de titulación + proba específica)

As persoas aspirantes que non estean en posesión da titulación requirida deberán ter cumpridos no ano de realización da proba os 19 anos, superar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato e superar a correspondente proba específica.

Quedarán exentas de realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato as persoas que teñan superada a parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de FP, a proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas, a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, a proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores ou a proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior superada en convocatorias anteriores.

PROBA DE SUBSTITUTIVA DO BACHARELATO: constará de 2 partes:

1ª parte. O contido da proba de acceso que substitúe o título de bacharelato versará sobre as materias comúns do currículo do bacharelato: - Lingua galega e literatura.  - Lingua castelá e literatura.  - Lingua estranxeira (inglés ou francés).  - Historia de España.  - Filosofía.

Cumprirá seleccionar 3 das ditas materias e desenvolver por escrito as cuestións que se propoñan para cada unha das tres elixidas. O tempo máximo para a súa realización será de 3 horas. Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo de bacharelato, o grao de madureza da persoa aspirante en canto á correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e de síntese.

2ª parte: versará sobre Historia da arte.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión