O Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña abre o prazo para inscribirse ás probas de acceso para o curso 2024-2025 para o nivel de iniciación e os graos elemental e profesional.
Para público en xeral
Iniciación:
Curso preparatorio que sirve de introdución á danza por medio de xogos onde se traballa a coordinación e a musicalidade. A idade mínima para acceder son 7 anos.
Grao Elemental:
Organízase en 4 cursos académicos. Para acceder é imprescindible superar unha proba específica de acceso. A idade mínima para acceder son 8 anos.
Grao profesional:
Organízase en 6 cursos académicos.
Para acceder ao 1º curso hai que superar unha proba específica de acceso.
Poderá accederse a calquera outro curso sen ter cursado os anteriores sempre que, a través dunha proba, a persoa aspirante demostre posuir os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.
Conservatorio Profesional de Danza
Casa Martelo. R/ Franxa, 14. 15001- A Coruña
tel.: 981 080 181
e-correo: conservatorio.danza@dacoruna.gal
Horario: de 16.00 -21.00 h.
DATAS INSCRICIÓN:
LUGAR DA INSCRICIÓN: secretaría do Conservatorio Profesional de Danza.
DATAS REALIZACIÓN DAS PROBAS:
Os días 30/05/2024 ás 19:00 , 13/06/2024 ás 19:00
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible