Concello da Coruña

Concello da Coruña

Manicomio. Circo de los horrores

El Circo de los Horrores presenta o seu novo espectáculo "Manicomio", un show ambientado nun antigo hospital mental de finais do século XIX.

Cando:

Dende o 18/04/2013 ata o 21/04/2013

Xa rematou

Enderezo:

Coliseum

Prezo:

Dende 15 €, ata 38 € (segundo zona).

Televenda:

Ataquilla.com

Documentos:

+ Información (1 MB)

Esta é unha historia ficticia afastada da realidade. As persoas con enfermidade mental son persoas correntes cun proxecto de vida como calquera persoa: sentimentos, problemas, aspiracións, unha vida laboral, familiar, social, sexual, creativa, etc.
A enfermidade mental é unha enfermidade máis, unha circunstancia máis da vida de calquera persoa.
A compañía do Circo de los Horrores, manifesta o seu rexeitamento ante calquera estigmatización deste tipo de enfermidades e quen as padecen.

 

"En Manicomio de los horrores non son todos os que están nin están todos os que son".

O “Manicomio de los Horrores” é o resultado do éxito do primeiro show, “El Circo de los Horrores”, dando así continuidade a un traballo que está dando a volta ao mundo.
Unha vez máis, neste novo espectáculo, o Circo de los Horrores fusiona o teatro de vangarda, o circo contemporáneo e o cabaré máis salvaxe, os seus inconfundibles selos de identidade, no que prima o terror psicolóxico e o humor acedo e grotesco.
E non podería haber mellor mestre de cerimonias para este grande acto que o menos humano dos seres coñecidos: o mítico Nosferatu. Facemos deste personaxe unha fiel réplica do orixinal, coas súas dúas horas de maquillaxe e vestiario pragado de próteses (orellas, dentes, nariz, lentes de contacto, alzas) e unha chea de trucos escénicos que lle darán unha fantástica credibilidade e un grande impacto visual, conseguindo un realismo sen precedentes.

O seu aspecto deforme e repulsivo, o seu nauseabundo olor, a súa extrema crueldade e a súa inestabilidade emocional fan del o mellor guía para internarse no Manicomio Circo de los Horrores, onde os que aquí nos encontramos esperándote estaremos encantados de recibir a toda persoa ávida de novas e diferentes experiencias.

E como todo mestre de cerimonias ten o seu partener, quen mellor ca Bitelsuso, o fantasma con máis mal xenio que existe no inframundo.

O terror, o humor negro e grandes doses de adrenalina están asegurados.
Pero que ninguén sufra antes de tempo, que todo chegará.

Porque en El Manicomio Circo de los Horrores tamén hai unha incrible escenografía, música cañeira, baile e movemento, moitos personaxes e espazo para o bo humor, a diversión e a risa, aínda que esta sexa histérica.

Buscamos a inmediatez e o impacto visual. O fluír da adrenalina está asegurado dende antes de que comece o espectáculo. Susto, impresión, medo, moito medo…, e humor, moito humor para calmar os ánimos cando o medo chegue ao seu cenit. E todo, absolutamente todo, aderezado con gusto e sensibilidade, velando sempre por que o espectador o goce de verdade.

Alguén se atreve?

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión