Giuseppe e Giuseppina (Peppina) para os amigos, traballan no circo dos irmáns Fratelli. Un día o circo tivo que pechar por mor da guerra.
Familias, Infancia
20/02/2016
Xa rematou
18.30 h.
45 minutos
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
6'00 € (abono 3 familiar, 15'00 €) (o abono inclúe como mínimo un adulto e un menor)
Os menores de 3 anos que non ocupen asento non pagan entrada
É nese momento cando Giuseppe e Giuseppina deciden vir a España e ir de vila en vila percorrendo rúas e camiños para levarlle á xente un momento de maxia, de ledicia e de ilusión cun espectáculo ambulante, onde representan con obxectos os números do circo onde traballara, como a historia de Rosa a domadora de bolboretas, Raimundo o home máis forte do mundo, o faquir Nifu Nifa, ou o pallaso de nariz vermello.
El Retablo (Arxentina)
Público: máis de 3 anos.
Intérpretes: Alba Vergne, Alessandro Terranova.
Autor e director: Pablo Vergne.
VENDA DE ENTRADAS
Despacho de billetes Central, Praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho de billetes Fórum Metropolitano: só días de función desde 1 h antes (só se quedan entradas dispoñibles).
Televenda: 902 044 226
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible