Concello da Coruña

Concello da Coruña

BEBESCENA primavera 2024. ÁGORA

As persoas que tiveron a sorte de asistir a unha función de teatro para bebés adoitan amosar interese por repetir a experiencia. A emoción que destilan estas obras sobre o escenario é de alta intensidade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 25/02/2024 ata o 12/05/2024

Horario:

11.30 e 13.00 h

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 6,00 €

ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €

MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Cousas que debes saber antes de virnos ver:

- Pedir puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que comece a función.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada.

- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (agás auga).

- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.

- Capacidade reducida.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

agora@coruna.gal

As obras para espectadoras/es tan precoces reúnen algúns requisitos. Un deles é a proximidade entre a escena e ou público, o que leva a que o patio de butacas se transforme nunha zona pegada ao escenario, con alfombras, coxíns, pequenos bancos..., onde meniñas e nenos poden permanecer sentados con menos rigor e dun xeito máis acorde á súa anatomía, a carón das súas familias. O segundo requisito é a duración, que flutuar entre 30 e 45 minutos, que é o tempo que a atención dun bebé pode fixarse na actividade.

As propostas que presentamos este ano son moi variadas: con ou sen palabras, con obxectos, con música, con movemento, con efectos audiovisuais... Todas pretenden espertar sensibilidades e transmitir emocións achegándonos ao teatro, á danza, á música, á vida.

"Porque os nenos e as meniñas merecen e necesitan que a arte forme parte das súas vidas; porque as artes escénicas contribúen á súa formación emocional, a desenvolver a empatía e a xerar sociedades máis xustas. Merecen poder emocionarse e gozar con contidos de calidade que lles falen da realidade da que eles e elas son partícipes. Merecen un mundo cheo de arte". (ASSITEJ España. Artes Escénicas para a Infancia e a mocidade).

VENDA DE BILLETES

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h.
  • Despacho de billetes do Ágora: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles).

PAGAMENTOS: no despacho de billetes da praza de Ourense, do Ágora e na televenda con tarxeta de débito ou de crédito, agás American Express.

MÁIS INFORMACIÓN www.coruna.gal/cultura

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión