Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

BEBESCENA primavera 2024. ÁGORA

As persoas que tiveron a sorte de asistir a unha función de teatro para bebés adoitan amosar interese por repetir a experiencia. A emoción que destilan estas obras sobre o escenario é de alta intensidade.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 25/02/2024 hasta el 12/05/2024

Horario:

11:30 e 13:00 h 

Dirección:

Auditorio del Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

ENTRADA: 6,00 €

ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €

MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €

Teletaquilla:

Ataquilla.com

Requisitos:

Cousas que debes saber antes de virnos ver:

- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que comece a función.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada.

- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (agás auga).

- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.

- Capacidade reducida.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

agora@coruna.gal

As obras para espectadoras/es tan precoces reúnen algúns requisitos. Un deles é a proximidade entre a escena e o público, o que leva a que o patio de butacas se transforme nunha zona pegada ao escenario, con alfombras, coxíns, pequenos bancos..., onde nenas e nenos poden permanecer sentados con menos rigor e dun xeito máis acorde á súa anatomía, á beira das súas familias. O segundo requisito é a duración, que flutúa entre 30 e 45 minutos, que é o tempo que a atención dun bebé se pode fixar na actividade.

As propostas que presentamos este ano son moi variadas: con ou sen palabras, con obxectos, con música, con movemento, con efectos audiovisuais... Todas pretenden espertar sensibilidades e transmitir emocións achegándonos ao teatro, á danza, á música, á vida.

"Porque os nenos e as nenas merecen e necesitan que a arte forme parte das súas vidas; porque as artes escénicas contribúen á súa formación emocional, a desenvolver a empatía e a xerar sociedades máis xustas. Merecen poder emocionarse e gozar con contidos de calidade que lles falen da realidade da que eles e elas son partícipes. Merecen un mundo cheo de arte". (ASSITEJ España. Artes Escénicas para la Infancia y la juventud)

VENDA DE BILLETES

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h.
  • Despacho de billetes do Ágora: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles).

PAGAMENTOS: no despacho de billetes da praza de Ourense, do Ágora e na televenda con tarxeta de débito ou de crédito, agás American Express.

MÁIS INFORMACIÓN www.coruna.gal/cultura

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión