Concello da Coruña

Concello da Coruña

Suede

Xurdidos a principios dos noventa cando o grunge reinaba a nivel internacional, Suede foi unha das bandas coas que a música inglesa volveu ondear a súa bandeira.

Cando:

09/08/2013 ás 23:01

Xa rematou

Horario:

23.00 h.

Enderezo:

Playa de Riazor s/n. 15004 A Coruña

Prezo:

Libre e gratuíta.

Os impulsores do proxecto, Brett Anderson e Bernard Buttler, deixárono todo claro nada máis asomar a cabeza.
O seu disco de debut, “Suede” (1993), nacía cunha misión: crear histeria, ofrecerlle himnos a unha xeración e bañala do seu felino romanticismo. Por unha banda herdaban o lado glam-rock de David Bowie. Por outro recollían unha boa parte da afectación de The Smiths. Deses dous polos brotaron cancións como “So Young”, “Aninal Nitrate” ou “Metal Mickey” que hoxe forman parte imprescindible de calquera lista de éxitos da era. Logo chegaría a súa obra mestra, “Dog Man Star” (1994) e pouco despois a súa consagración con “Coming Up” (1996).
Aí convertéronse nun grupo de masas, arrasando en vendas e levándose a cabeza de cartel dos festivais de medio mundo. No 2003 decidiron retirarse, deixando un gran baleiro no firmamento pop. Eles mesmo ocupáronse de volvelo a encher coa súa esperada reunión e un disco unha década despois, “Bloodsports”, que os devolveu á primeira liña. A súa actuación no Noroeste Pop Rock, posiblemente o concerto de rock máis importante do verán en Galicia, servirá para confirmar unha vez
máis a súa grandeza.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión