Concello da Coruña

Concello da Coruña

Soño dunha noite de verán

Adaptación de Voadora da obra de Shakespeare.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

11/03/2017

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)

Televenda:

Ticketea

Esta obra brilla como pedra angular da súa peculiaridade, despregando en favor da comedia multitude de recursos que encaixan como unha luva no imaxinario de Voadora.

Destacan a súa honestidade coas múltiples referencias empregadas e, unha vez máis, a metateatralidade como reflexo de eterna loita entre o real e o máxico, tamén metáfora sobre o teatro, que obsesionou o autor ata os seus últimos días.

Para abordar a dramaturxia, partimos dunha análise da obra que nos leva a desentrañar os seus incontables misterios e, tal e como fixemos coa nosa anterior adaptación "A tempestade", a establecer unha rede referencial que nos obriga a achegar a maquinaria da compañía ao universo do autor.

Adaptar as palabras de Shakespeare implica comprendelas, sentilas e finalmente respectalas, xa que os seus temas son imperecedoiros e os seus argumentos unha escusa para chegar a emocións universais que permanecen frescas no contexto do presente. O enredo/a comedia: o efecto bolboreta.

Interésanos facer foco sobre o enredo, o ritmo e a estrutura compartimentada que o autor divide en función dun elenco estratificado socialmente. Nesta comedia todas as clases sociais son as protagonistas e destaca o efecto bolboreta nunha trama poliédrica na que os movementos da burguesía alcanzan a nobreza e os soños dos mortais son capaces de alterar o descanso dos deuses.

Con este fin, revisamos a estrutura da peza, adecuada ás circunstancias do seu tempo e pretendendo maximizar o quebracabezas, respectando integramente o seu espírito e o caos progresivo que se apodera do seu argumento.

Unha vez máis, Shakespeare escribiu para unha celebración e o texto denota as marcas necesarias para encaixar neste ambiente festivo. Nós respectamos ao cento por cento esta festa, pero será a nosa propia, en complicidade absoluta cuns espectadores que han de poñer o teléfono en modo avión para permitirse este soño.

Dirección: Marta Pazos

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h

Televenda: 902 044 226 - web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión