Saltar ao contido

Concello de A Coruña
Novo Espazo Xuvenil

Cas / Gal

Nex (A Coruña) - Novo espazo xuvenil

XX Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional

Data:
solicitude das credencias do 6 ao 24 de febreiro de 2012
Resumo:
Do 26 de marzo ao 20 de abril de 2012 terán lugar as XX XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA E PROFESIONAL que se organizan en colaboración entre o Concello da Coruña, a través do Servizo Municipal de Educación, as Universidades da Coruña, Santiago, Vigo e a UNED, os centros de FP, a Escola de Arte e Superior de Deseño da Coruña e o CMIX.

Estancias creativas para a xuventude

Data:
Ampliado prazo de inscrición: até o 24 de febreiro, agás na modalidade de literatura que estará aberto ata o 3 de febreiro
Resumo:
Programa de dinamización artística para mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, que consiste na realización de encontros en dúas instalacións xuvenís cun fin creativo, interactivo e multidisciplinar. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado oferta un total de 150 prazas en estadías creativas de fin de semana.

Proceso de acreditación de competencias profesionais.

Data:
solicitudes do 16 de xaneiro ao 15 de febreiro de 2012
Resumo:
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral(e/ou aprendizaxes non formais) en determinadas unidades de competencia do catálogo nacional de cualificacións profesionais.

Acceso á universidade maiores de 25 anos

Data:
inscrición do 23 de xaneiro ao 17 de febreiro de 2012
Resumo:
A CIUG convoca as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

Concerto de Lenny Kravitz no Coliseum.

Resumo:
O vindeiro xoves 5 de xaneiro saen á venda as entradas para o concerto que Lenny Kravitz dará no Coliseum da Coruña o 31 de maio.

Locais de ensaio

Resumo:
Réxime de uso dos Locais de Ensaio