Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de maio de 2015

O Maratón Atlántica Coruña42 mellora as súas notas na súa cuarta edición

A Concellería de Deportes envioulles a todas as persoas participantes no Maratón Atlántica unha enquisa para coñecer o seu nivel de satisfacción, que de novo en termos xerais volveu ser alto e superou os niveis da anterior edición. A raíz das conclusións obtidas, traballarase para mellorar os servizos e as facilidades nas próximas citas de Coruña42.

#Coruña42 superou con boa nota o exame dos seus participantes, tras o resultado e posterior avaliación das enquisas de satisfacción que se lles remitiron aos corredores e nas que tiñan que valorar diversos aspectos da carreira. A metodoloxía empregada nelas foi mixta, mediante 25 preguntas cerradas con escala de valoración e 9 preguntas abertas.

Da valoración do proceso de inscrición manifestado polos enquisados nas distintas carreiras e actividades, obtense un balance moi positivo. O nivel de satisfacción no proceso levado a cabo pola F.G.A. e de forma presencial nos centros de El Corte Inglés, corresponde a valores do 93% e 89,1% respectivamente, observándose un destacable aumento do valor positivo da inscrición presencial respecto da anterior edición, pasando do 77% ao 89,1% actual. Cómpre sinalar o valor do 63,2% referido a “Moi satisfeito” como moi destacado.

Todas as actividades paralelas desta edición foron valoradas satisfactoriamente. Dende a homenaxe aos maratonianos que foron fieis ás tres citas anteriores, a proxección da película “Vivir sin parar”, o Breakfast Run solidario, as conferencias e a Pasta Party, foron moi ben valorados, con especial mención desta última, que se recoñece a gran nivel tanto pola relación calidade/prezo como pola súa localización. En canto á Mini Atlántica realizouse unha enquisa específica por considerar de grande importancia os seus aspectos concretos organizativos.

A terceira edición do Maratón Coruña42, supuxo un incremento do 13,8% de corredores que completaron o percorrido, pasando dos 943 no 2014 aos 1073 na actual edición.

A carreira popular 10K ofrece incluso resultados máis elevados de crecemento, tendo en conta a menor dureza da carreira, permitindo desta forma a posibilidade de participación a un maior número de corredores. O número de corredores chegados á meta na edición do 2014 foi de 1474 corredores, crecendo ata os 1740 atletas na presente edición, o que significa un crecemento do 18%. Sendo un dato moi destacable o feito do aumento da participación feminina, pasando de 376 a 551 no mesmo período, situándose cun crecemento do 46,5% e representando o 31,7% do total de corredores, nesta carreira.

Este aumento tan significativo, corrobórase na alta porcentaxe de participantes que manifestaron participar por primeira vez nesta carreira. Concretamente na carreira de maratón o 71,4% participan por primeira vez, mentres que na carreira 10K fano o 64,4%, o que nos leva a observar que este maratón vai gañando adeptos ano tras ano.

A seguridade, información recibida, roupeiro, sinalética do percorrido e deseño da medalla finisher son os ítems mellor valorados polos enquisados superando niveis de satisfacción por encima e de arredor do 90%.

Nesta IV edición do Maratón Coruña42, as persoas participantes na enquisa elevaron o índice de satisfacción en practicamente todos os apartados, descendendo as porcentaxes de opinións negativas en cumprimento da identificación dos obxectivos sinalados a partir da enquisa da anterior edición. Como podemos observar: a bolsa do corredor descende do 25% de valores negativos ao 18,8%, o avituallamento en meta do 23,8% ao 11,6%, o vídeo de chegada do 22,4% ao 13,7%, o diploma personalizado do 19,3% ao 13,6% e as duchas en meta do 19,6% ao 17,5%.

O trazado do circuíto tras ser identificado por parte dos enquisados como unha das melloras máis sinaladas, merece ser analizado por separado, tanto no circuíto ofrecido para a carreira 10K, como para o deseñado no Maratón C42. Desta maneira, os enquisados que participaron na carreira 10K cualifican positivamente o percorrido co 92,7% de satisfacción, mentres que os corredores do maratón incrementan esta porcentaxe de satisfacción pasando do 78,1% da anterior edición ao 83% no 2015.

O novo circuíto que estreaba #Coruña42 dunha soa volta e que volvía estar homologado pola Federación Española de Atletismo, foi valorado como positivo polo 92% dos corredores, con abafadora maioría de corredores enxalzando o trazado nas preguntas abertas. O 8% que mostraron a súa insatisfacción referíana á maior dureza do circuíto respecto ao orixinal de tres voltas. Na carreira, afortunadamente, apenas se tiveron que atender incidencias sanitarias e as accións realizadas foron ben valoradas. Así mesmo, o servizo de fisioterapia recibiu unha valoración próxima ao 90%.

Como habitualmente se vén producindo, o labor desenvolto polas persoas que realizan funcións de voluntariado, nas distintas zonas que ocuparon: avituallamento, seguridade en circuíto, servizos, meta, etc. alcanzan un maior grao de respostas “Moi satisfeito”, cun valor do 76,3%, recibindo elevadas porcentaxes de valoracións positivas na suma total, polo que se encontra entre os valores máis elevados dos que consta a enquisa, acadando o 97%.

A campaña de comunicación proxectada a través da imaxe da carreira, sitúase en valores positivos da 91% fronte ao 88% da anterior edición, obtendo unha media de 3,4, o que indica o feito de conseguir chegar a un maior número de corredores posibles e a súa opinión favorable en canto á divulgación do evento.

Os resultados obtidos en canto á Web Municipal de carreiras e Twitter son similares, con niveis de aceptación por encima do 87%, elevándose 5 puntos respecto da edición do 2014, con medias de 3,3 e 3,4 respectivamente, polo que se puntuou favorablemente a comunicación que se realizou, a través destes medios, sentíndose “Moi satisfeitos” o 47,9% e o 50,7% respectivamente.

Á vista das respostas efectuadas, cunha porcentaxe do 96,5%, podemos afirmar que practicamente a totalidade dos enquisados, volverán participar na próxima edición do Maratón Coruña42. Este nivel de aceptación referéndase co importante aumento na participación nesta edición. Estes datos fannos ser optimistas, de cara ao progresivo aumento na participación de futuras edicións, para o que seguiremos agradecendo a colaboración de todos os corredores e corredoras coa súa participación nestas enquisas.

Pode descargar o resultado completo da enquisa no documento adxunto.

Documentos relacionados

  • Enquisa Maratón Atlántica Coruña42 (422 KB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión