Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo de Charlas - Quero Emprego 2!!

Segundo ciclo de charlas de profesionais do ámbito dos recursos humanos e a comunicación na Biblioteca Municipal do Ágora.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 03/12/2015 ás 19:00 , 10/12/2015 ás 19:00 , 14/12/2015 ás 19:00 , 19/11/2015 ás 19:00 , 12/11/2015 ás 19:00 , 26/11/2015 ás 19:00

Xa rematou

Horario:

19:00 - 20:30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde, con inscrición previa en www.coruna.es/bibliotecas.

Documentos:

Díptico. (171 KB)

O ciclo consta de 6 sesións que constitúen unha referencia básica para axudar na procura de traballo: afrontar con maior posibilidade de éxito unha entrevista de traballo e evitar os erros máis habituais, escoller o mellor modelo de currículo, a nosa imaxe en internet e nas redes sociais, comprender cal é o punto de vista das empresas nos procesos de selección... En resumo, aumentar as nosas posibilidades de atopar un emprego ou de mellorar profesionalmente.

As charlas terán lugar todos os xoves a partir do día 12 de novembro e ata o 10 de decembro de 19:00 a 20:30 horas, e o luns 14 de decembro de 19:00 a 20:30 horas.

As charlas requiren inscrición previa en www.coruna.es/bibliotecas , que dará comezo o xoves 5 de novembro ata completar capacidade.

Xoves 12/11 O perfil profesional.

Que podes controlar, e que non, na procura de emprego?

María de Isasi Zaragozá, técnica de Promoción de Emprego, daranos as chaves do perfil profesional.

Xoves 19/11 O currículo e a carta de presentación.

Como describir o teu perfil profesional nun currículo.

María de Isasi Zaragozá, técnica de Promoción de Emprego, daranos as chaves para entender para que serve un currículo (CV), como elixir un modelo, que é o currículo oculto... e moitas máis cousas.

Xoves 26/11 O proceso de selección.

Tes esa sensación de incerteza cando acodes a unha entrevista de traballo?

María de Isasi Zaragozá, técnica de Promoción de Emprego, darache técnicas para combatela e falaranos de cuestións que debemos ter en conta durante un proceso de selección.

Xoves 03/12 Comunicación exitosa.

O sorriso, as mans, os pés..., todo comunica nunha entrevista de traballo!

Mar Castro, experta en Protocolo e Oratoria, falaranos do traballo previo que debemos realizar antes de acudir a unha entrevista de traballo.

As variacións da nosa voz, a importancia da mirada, como responder as preguntas sobre a nosa vida privada e moito máis.

Xoves 10/12 Netiqueta e comportamento en internet.

Ven a descubrir todo ao redor da "netiqueta".

Mar Castro, experta en Protocolo e Oratoria, daranos as claves sobre a nosa etiqueta na rede, a lectura e a escritura en pantalla, as redes sociais, etc.

Luns 14/12 Traballar no estranxeiro.

Descobre todas as ferramentas públicas de procura de emprego fóra de España, principalmente na UE.

Covadonga López López, conselleira de Eures na Coruña, daranos todos os recursos de seguridade para evitar fraudes, e tamén recomendacións e recursos de carácter xeral, públicos e... gratuitamente!

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión