Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de abril de 2024

O Concello convoca os premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación 2024 rendendo homenaxe ao Aquarium Finisterrae

O prazo de presentación de traballos nas oito modalidades remata o 3 de xuño

O Concello da Coruña convoca os premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación 2024. O certame, que alcanza en 2024 a súa trixésimo sétima convocatoria consecutiva, premiará cun Prisma de Bronce os mellores traballos en oito categorías: Vídeo, Novos medios, Artigo xornalístico, Radio, Proxectos singulares, Libro editado e, con motivo do 25 aniversario do Aquarium Finisterrae, inclúese a nova modalidade de Proyecto de sensiblización e divulgación sobre os océanos. Deste xeito, o Goberno de Inés Rey prosegue coa conmemoración do cuarto de século do museo científico coruñés máis visitado.

Todas as modalidades, excepto a de Libro editado e a de Prisma especial do xurado, están dotadas cun premio de 4.000 euros. Para participar nesta XXXVII Convocatoria dos Prismas á Divulgación deben presentarse os traballos e candidaturas antes do 3 de xuño, cumprindo as condicións requiridas en cada unha das modalidades recollidas nas bases, e que se poden consultar nesta dirección: Prismas Casa de las Ciencias a la Divulgación

Os Prismas entregaranse no transcurso dun acto que terá lugar na Coruña o sábado 16 de novembro de 2024. O prestixio acadado por estes premios na súa longa traxectoria vén avalado pola calidade e trascendencia dos traballos premiados en todas as modalidades, así como pola participación no xurado de profesionais procedentes de diversos ámbitos da comunicación científica que achegan un criterio actualizado e diverso.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión