Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Libros en directo: Don Quixote da Mancha de Miguel de Cervantes

Adaptado ao castelán actual íntegra e fielmente por Andrés Trapiello.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/11/2015 ás 20:00

Xa rematou

Horario:

20.00 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Andrés Trapiello, escritor e experto en Cervantes, sorpréndenos cunha ambiciosa edición dun dos maiores fitos da literatura universal: o Quixote. Coincidindo co cuarto centenario da publicación da segunda parte do Quixote, Trapiello adaptou o texto íntegro desta obra imprescindible ao castelán que falamos hoxe en día. Baixo o título Don Quixote da Mancha. Adaptado ao castelán actual íntegra e fielmente por Andrés Trapiello, este libro pretende achegar as aventuras de don Quixote e Sancho Panza a todos os lectores para que poidan gozar delas sen a dificultade que pode supoñer lelas no castelán de catrocentos anos atrás.

 

No prólogo a esta edición, Mario Vargas Llosa, escritor galardoado co premio Nobel de Literatura, afirma: «Na versión de Trapiello a obra de Cervantes rexuveneceuse e actualízase […] sen deixar de ser ela mesma, poñéndose ao alcance de moitos lectores aos que o esforzo de consultar as eruditas notas ao pé de páxina ou os vocabularios antigos, disuadían de ler a novela de Cervantes de principio a fin. Agora poderán facelo, gozar dela e, seica, sentirse incitados a enfrontarse, con mellores armas intelectuais, ao texto orixinal».

 

Andrés Trapiello naceu en Manzaneda de Torío, León, en 1953, e desde 1975 vive en Madrid. É autor de oito novelas, entre elas El buque fantasma (Premio Internacional de Novela Plaza&Janés 1992), Los amigos del crimen perfecto (Premio Nadal 2003; Premio Nacional 2005 á mellor novela estranxeira, Pequín), Al morir don Quijote (2004; Premio de Novela Fundación José Manuel Lara 2005; Prix Littéraire Européen Madeleine Zepter, París, 2005, á mellor novela estranxeira) e Los confines (2009); dun libro sobre o maquis en Madrid, La noche de los Cuatro Caminos (2001), e dun diario titulado Salón de pasos perdidos, del que apareceron dezasete entregas. Como ensaísta publicou, entre outros, Las vidas de Miguel de Cervantes (1993), El arca de las palabras (2006), Imprenta moderna (1874-2005) (2006) e Las armas y las letras (1994), revisado en 2010. O seus primeiros catro libros de poemas reuníronse en Las tradiciones (1991), volume ao que seguiron Acaso una verdad (Premio Nacional da Crítica 1993) e Segunda oscuridad (2012). Recibiu, entre outros, o premio das Letras da Comunidad de Madrid (2003) e o de Castela e León (2011) ao conxunto da súa obra.

 

Patrocina: Concello da Coruña.

Organiza: Polisemias.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión