Vente divertir como nunca o fixeches e saca o Wismichu que hai en ti. OS MENORES DEBEN ASISTIR ACOMPAÑADOS DUNHA PERSOA ADULTA OU CO CONSENTIMENTO DO SEU TITOR LEGAL.
Para público en xeral
16/04/2016
Xa rematou
12 y 17.30 horas
De onde sae Wismichu? Quen é realmente? Que facer cando te posúe un personaxe coma Wismichu?
O espectáculo ‘Hay un Wismichu en mí’ é a resposta a esa pregunta existencial que todos nos facemos. Porque, aínda que nos custe recoñecelo ás veces, todos temos un Wismichu no noso interior. Ven e participa no show máis interactivo do ano e saca o teu Wismichu máis divertido e provocador.
Despois do éxito acadado o ano pasado xunto ao seu compañeiro AuronPlay, Wismichu volve aos escenarios cun espectáculo sorprendente onde o humor, a súa persoal e divertida visión da vida, pero sobre todo a interacción e a participación do público son a clave.
A sorpresa é un elemento esencial que viaxa sobre unha divertidísima historia, onde Wismichu demostra as súas táboas e grandes dotes como monologuista. Ten só 22 anos pero iso non lle impide estar xa á altura dos mellores.
No escenario non estará só. Acompañarano durante toda a xira os cómplices en infinidade dos seus épicos vídeos de YouTube, KajalNapalm e JoaquinPA. Ademais haberá invitados e aparicións sorpresa. Pero é a participación do público o que fará de cada sesión un espectáculo absolutamente único e irrepetible. Tamén descubrirás a parte máis creativa de Wismichu e poderás interactuar con infinidade de artiluxios, proxeccións e robots ideados pola mente máis arriscada e innovadora de todo YouTube. Imaxina ademais poder vivir en directo e participar xunto con Wismichu nas súas probas e bromas máis divertidas.
Entidades
07/05/2024
Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
10/05/2024
10/05/2024
Dende o venres 3 luns 6 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
11/05/2024
Dende o 10/05/2024 ata o 11/05/2024
12/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible