Chega un corpo humano, uns elementos cotiáns e unha dose de creatividade para que naza Faboo.
Familias, Infancia
12/12/2015, de 00:01 a 19:30
Xa rematou
18.30 h.
50 minutos.
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
6'00 € (abono 3 familiar, 15'00 €). (O abono inclúe como mínimo un adulto e un menor).
Os menores de 3 anos que non ocupen asento non pagan entrada.
O personaxe xoga, transfórmase e fainos participar das súas emocións. Faboo exprésase a través de xestos e sons, de forma inocente e espontánea, cunha maxia especial capaz de cativar a espectadores de calquera idade.
Un espectáculo visual caracterizado pola súa simplicidade e expresividade, que estimula a imaxinación e creatividade de nenos e adultos. Trátase dunha posta en escena pouco usual e nova que usa unha linguaxe universal de xestos e sons, capaz de cativar a espectadores de calquera idade.
Premio Fetén 2015 á súa expresividade
ESCENA CREATIVA (Madrid)
Público: máis de 3 anos.
Intérprete: Laura de Arcos García.
Animadora de obxectos: Eva Pereira Blanco.
Autor e dirección: Óscar Vidal Nogueras.
VENDA DE ENTRADAS
Despacho de billetes Central, Praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h. (só pagos en efectivo).
Sede Afundación: de luns a sábado (inclusive festivos) de 9.00 a 21.00 h.
Despacho de billetes Fórum Metropolitano: só días de función desde 1 h antes (só se quedan entradas dispoñibles). (Só pagos en efectivo).
Televenda: 902 504 500.
21/05/2024
Dende o 17/05/2024 ata o 21/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
21/05/2024
Dende o 14/05/2024 ata o 21/05/2024
Require inscrición
22/05/2024
Dende o 15/05/2024 ata o 22/05/2024
Require inscrición.
23/05/2024
Dende o 16/05/2024 ata o 23/05/2024
Require inscrición
24/05/2024
Dende o 18/05/2024 ata o 24/05/2024
Require inscrición
28/05/2024
Dende o 21/05/2024 ata o 28/05/2024
Require inscrición
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible