A favor da Asociación de Parkinson Galicia-Coruña
Para público en xeral
08/04/2016
Xa rematou
19:30 h
* Pídese puntualidade, unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
8,00 euros (prezo único)
A Agrupación Musical Amizades nace como consecuencia da inquietude dunha serie de persoas de relevo profesional e social da cidade da Coruña, o grupo está formado por doutores, avogados, empresarios, arquitectos etc. e que manteñen como punto común a súa afección á música, ao labor social, cultural e humanitario.
Son evidentes uns esquemas musicais, corais e solistas sólidos capaces de sustentar un repertorio de obras de longo percorrido sentimental e de conexión cun público que sintoniza moi rapidamente co grupo. A forma de expresar e de interpretar que sitúan a amiZades nun alto banzo musical capaz de logros de maior caldo artístico. A súa capacidade de empaste, as súas versións e arranxos particulares, o seu orixinal cambio de ritmo ofrecen unha garantía de espectáculo.
VENDA DE ENTRADAS:
Despacho da Pza. Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.20 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Ágora: día do espectáculo desde 1 h antes (só se quedan entradas dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00; sábados de 14.00 a 22.00; domingos de 16.00 a 21.00 h)
03/05/2024
03/05/2024
05/05/2024
08/05/2024
10/05/2024
10/05/2024
Dende o venres 3 luns 6 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible