Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Concerto: Abraham Cupeiro no AgoraSón da primavera 2023

Co gallo do Día das Letras Galegas e para promover a lectura en lingua galega e o préstamo de material audiovisual, o Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coas Bibliotecas Municipais do Concello da Coruña, organiza o AgoraSón primavera 2023, con Abraham Cupeiro en concerto.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

19/05/2023

Xa rematou

Horario:

21.00 horas.

Duración:

90 min. aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde con invitación, que se repartirán a partir do venres 12 de maio co préstamo de materiais en lingua galega nas Bibliotecas Municipais (ver condicións na sección de repartimento de entradas).

Hashtag:

#SinteEnGalego

Organiza:

Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña.

Contacto:

Teléfono: 981 189 888

Correo electrónico: lingua@coruna.gal

Documentos:

AgoraSon_Primavera-2023.png (1 MB)

A edición da primavera 2023 do AgoraSón terá como protagonista o músico multiinstrumentista Abraham Cupeiro que, xunto coa Orquestra de Cámara Atlántica, presentaranos o seu traballo "Os sons esquecidos".

Un concerto que terá lugar no auditorio do Centro Sociocultural Ágora o venres 19 de maio ás 21.00 horas, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña en colaboración coas Bibliotecas Municipais para promover a lectura, audición e visionado de materiais en lingua galega.

A entrada ao evento é de balde, mais precisará a recollida previa de invitación nas Bibliotecas Municipais.

Sobre "Os sons esquecidos"

"Os sons esquecidos" é coma unha viaxe no tempo. É unha busca das fontes orixinais para fundilas co contemporáneo e crear algo novo e abraiante. Mesturaranse instrumentos de épocas pasadas cunha orquestra moderna.

Escoitaremos o karnyx (instrumento de guerra) evocando o son de sereas, golfiños e o mar en pezas orixinais compostas por Abraham Cupeiro.

A corna evocaranos cantos populares improvisados. Músicas e instrumentos, como o tango e o cornetto, separados no tempo, acoplaranse dun xeito natural como se fosen imaxinados na mesma época.

Os sons esquecidos é a busca da esencia, do primeiro, unha viaxe pola historia e os sentimentos enraizada no presente, un traballo a prol da recuperación de instrumentos e sons esquecidos que vai moi ligado á recuperación para a nosa lingua propia de máis funcións sociais e máis espazos de uso.

Repartimento de entradas

Repartiranse as invitacións, ata esgotárense, co préstamo de material en lingua galega (libros, películas, Cds de música) dende o venres 12 de maio nas Bibliotecas Municipais (BMC), no horario de apertura de cada centro.

Entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de persoa usuaria das BMC e faranse dúas quendas de reparto: en horario de mañá e en horario de tarde.

  • Horario de mañá: a partir das 09.00 horas, salvo na Biblioteca Durán Loriga, que será a partir das 12.00 horas.

  • Horario de tarde: a partir das 16.00 horas, agás no Punto de Servizo Bibliotecario Mesoiro, que será a partir das 17.30 horas.

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión