Namoreime de "Sueño de una noche de verano" a través de Dream, a adaptación da obra de Shakespeare de Lindsay Kemp no Teatro María Guerrero.
Para público en xeral
Dende o 04/12/2020 ata o 05/12/2020
Xa rematou
20.30 h
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
21´50, 15'00, 13'00, 9'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)
Será de OBRIGADO cumprimento:
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.
RECOMÉNDASE:
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.
Tanto, que me deixaban tomar clase de danza con eles. Eu tiña catro anos. Pouco despois a compañía fixo unha película e a miña adorada Bimba Bosé e eu interpretabamos fadas pintadas de verde da cabeza aos pés. Aínda me acordo das ás, as teas de araña e de que toda a casa foi verde mentres durou a rodaxe.
Creo que o que máis me conmove desta obra é a humanidade e vulnerabilidade de todos os seus personaxes. Nada é o que parece. Ningún somos o que aparentamos.
E emociónome, río e sufro ao ler os estragos, agravios e desafíos que Shakespeare lles fai vivir aos seus protagonistas. A fraxilidade das nosas decisións, a volatilidade do noso amor. A falta de control absoluta sobre os nosos destinos, sobre as nosas vidas e ás veces sobre os nosos sentimentos. De cantos Bottoms con cabeza de burro nos namoramos sen facer falta ningunha poción? Cantas veces cambiou o curso do noso amor sen necesidade de que Robin se cruzase nos nosos camiños?
Mesmo cando experimentamos a felicidade máis anhelada tememos estar durmidos e perdela ao espertar. O temor a que a realidade nos desposúa dun estado «soñado», é algo que compartimos todos os seres humanos. Mesmo eu, agora, temo espertar, e descubrir que soñei que vou dirixir "Sueño de una noche de verano" con La Joven CNTC.
Investigar, entrar nesta obra que trata de soños, amor, celos, vinganza, desamor, orgullo, traizón e inocencia con actores novos, cheos de enerxía, forza, curiosidade, diversión e moito talento é un privilexio, un agasallo, un soño. Así que espero, e mentres espero, soño.
Bárbara Lluch (dirección)
Con Mariano Estudillo, Teresa Lozano, Anna Maruny, Alejandro Pau, Aisa Pérez, Pau Quero, Alba Recondo, Víctor Sainz, Irene Serrano, José Luis Verguizas
Dirección: Bárbara Lluch
De La Joven Compañía Nacional de Teatro Clásico
*Venda de entradas a partir do 14 de setembro
Despacho Central, da praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía Castro: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h
Televenda: 662 867 109
07/05/2024
Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
10/05/2024
10/05/2024
Dende o venres 3 luns 6 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
11/05/2024
Dende o 10/05/2024 ata o 11/05/2024
12/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible