Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Charla de Xosé Antón Fraga: A Granxa Agrícola de Monelos (1888-1964)

Charla organizada pola AVV. dos Castros e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

A quen vai dirixido:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

14/11/2016

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 19 a 20:00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

981184298

Do luns 7 ao 14 de novembro estará no vestíbulo do Forum a exposición "A Granxa Agrícola de Monelos (1888-1964)" que fai un percorrido por este centro experimental que foi un foco de ciencia básica e aplicada e un centro de dinamización social e sensibilización sobre temas agrarios. A inauguración da exposición será o luns 7 ás 19:30 h. e nela participará a xente do obradoiro "Eu cantar, cantar, cantei .."

O último día da exposición, luns 14,  faremos unha charla informativa ás 19:00 h. na Biblioteca Fórum con Xosé Antón Fraga, estudoso da historia da Ciencia en Galiza e un dos comisarios desta exposición. 

Xosé A. Fraga Vázquez
Doutor en Bioloxía. Catedrático de Bioloxía e Xeoloxía e director (I.E. S. Monelos- A Coruña), ata 2008. Director dos Museos Científicos Coruñeses (xuño 2008-xullo 2011). Na actualidade dirixe o Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega.
Académico correspondente da Real Academia Galega, é membro numerario e da Xunta Directiva do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses, da Xunta Reitora do Seminario de Estudos Galegos e da Sección de Ciencia, Natureza  e Sociedade do Consello da Cultura Galega. Pertence ao Consello de Editorial e Científico de Llull, revista da Sociedad Española de Historia de las Ciencias.
Autor de  numerosas investigacións e máis de cen publicacións sobre temas relacionados coa cultura científica (educación, historia, divulgación). Colabora co xornal La Opinión de A Coruña coa publicación dos "episodios da cultura científica".

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión