Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de maio de 2024

A Banda Municipal será mañá a protagonista do Festival RESIS, cun concerto que incluirá pezas do galego Eduardo Soutullo, Premio Nacional de Música 2023

A actuación terá lugar no Teatro Colón (19.30 horas), con acceso de balde ata completar a capacidade prevista. O director do Conservatorio Superior de Música da Coruña, Julio Mourenza, acompañará á Banda como solista

O Teatro Colón acolle este xoves 9 (19.30 horas) un novo concerto da Banda Municipal de Música da Coruña (BMMC), que se suma á sétima edición do Festival de Música Contemporánea RESIS cunha programación vangardista de obras orixinais para banda, que atende á tradición galega e tamén a compositores de talla internacional.

A actuación da BMMC comenzará coa interpretación de Cloud Factory do neerlandés Johan de Meij, unha peza moi particular na que os instrumentos de vento úsanse máis como elementos sonoros que como instrumentos en si, co obxectivo de representar unha paisaxe industrial.

A continuación, a Banda Municipal de Música da Coruña achegarase a un dos grandes exponentes da música sinfónica contemporánea francesa do século XX, Olivier Messiaen, autor da peza que dá nome ao concerto deste xoves, Oiseaux Exotiques. Nesta fase do concerto, a BMMC contará coa colaboración do director do Conservatorio Superior de Música da Coruña, Julio Mourenza, que actuará como solista.

Xa posteriormente, a Banda interpretará un dos pratos fortes da programación: o Rapsodós do compositor galego Eduardo Soutullo. O director da BMMC, Juan Miguel Romero Llopis, destacou o percorrido e talento de Soutullo, que gañou o ano pasado o Premio Nacional de Música e, xa este ano, o XV Premio Andrés Gaos.

O Poeme du Feu da compositora francesa Ida Gotkovsky pechará o concerto no Teatro Colón, co que a Banda Municipal deixará unha vez máis o seu selo no Festival RESIS, "un certame de gran calidade artística cunha perspectiva innovadora, no que tamén se pon en valor ás formacións musicais con raíces na cidade, como é o caso da Banda", apuntou a alcaldesa, Inés Rey.

Cómpre lembrar que o acceso á actuación deste xoves será de balde, ata completarse a capacidade prevista no recinto.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión