Concello da Coruña

Concello da Coruña

"La sombra engalanada"

Comisariada por Erika Goyarrola con chapeus de Susana Loureda e fotografías de Alberto García-Alix, o texto de introdución asínao Elvira Lindo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/04/2016 ata o 22/05/2016

Xa rematou

Enderezo:

Galería Vilaseco. Rúa Padre Feijoo 5, 1º. 15004 A Coruña

As obras de Susana Loureda e Alberto García-Alix xúntanse nesta exposición creando un discurso común en torno ao chapeu. Este tandem de artistas traballan xuntos dende finais dos oitenta.

Loureda presenta pezas únicas dos seus tocados e sombreiros onde a cor e a forma son protagonistas. A creadora, que comezou co deseño destes complementos hai case trinta anos, considéraos ‘un obxecto de poder' que transforma a quen o viste. Estas pezas están realizadas á man segundo as técnicas de sombreirería tradicionais. O resultado é un complemento elegante cun gran poder de sedución, unindo a fantasía cun aire extravagante.

García-Alix mostra unha serie de delicadas imaxes que resaltan as orixinais creacións da deseñadora baixo a marca Polita Hats. O fotógrafo aprópiase dos chapeus outorgándolles un novo significado nas súas imaxes.

Os personaxes retratados nas fotografías, próximos aos dous creadores, son modelados polo autor xerando unha gran tensión que contrasta coa harmonía da composición e a iluminación. Esta exposición dá mostra do fértil intercambio de ideas e os diferentes camiños trazados polos dous autores nos seus respectivos traballos ao longo destes anos, con especial atención ás súas últimas creacións.

O título xorde dunha greguería que nos di que “O chapeu é a sombra engalanada”. O cal encaixa á perfección coas fotos que García-Alix fai das sombras dos retratados, todos con chapeu. Esta suxestión dá pé a outro motivo inspirador que é a máscara, presente tamén na exposición como soporte para os sombreiros de Susana Loureda e que dialoga co xogo de sombras que produce ante o espectador.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión