Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de marzo de 2016

Manuel Rivas, Estíbaliz Espinosa, Yolanda Castaño e Pedro Feijoo participan nunha nova edición dos Paseos pola Coruña Literaria

As e os autores, que empregaron A Coruña como escenario das súas obras, guiarán percorridos pola cidade entre abril e xuño

Volven os Paseos pola Coruña Literaria, os percorridos nos que as e os asistentes coñecen a cidade da man das e dos propios autores que escribiron obras ambientadas na mesma. Nesta cuarta edición, e por vez primeira desde a súa creación, catro escritoras e escritores participarán nos demandados encontros gratuítos, que se celebrarán durante distintas mañás de sábado do mes de abril, maio e xuño. A iniciativa, promovida polo Servizo de Normalización Lingüística e que conta co apoio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, ofrecerá 55 prazas para cada unha das sesións.

Desta volta, o coruñés Manuel Rivas, que repite como guía polo éxito da anterior ocasión, ofrecerá un roteiro cultural o sábado 2 de abril pola cidade. O seguinte encontro, que terá un carácter especial por coincidir coa celebración do Día do Libro (23 de abril), contará coa presenza da tamén coruñesa Estíbaliz Espinosa. No mes de maio, a poeta Yolanda Castaño será a autora convidada. A  directora do ciclo Poetas Di(n)versos, que participa por vez primeira nesta actividade, ao igual que Espinosa, levará as rendas do Paseo o día 14, unha data moi próxima á celebración das Letras Galegas. Por último, o vigués Pedro Feijoo, que tamén asistiu con anterioridade á iniciativa, pechará esta primeira quenda de 2016 de percorridos literarios o vindeiro 11 de xuño.

Os Paseos, abertos para maiores de 16 anos, mudarán este ano o proceso de inscrición para participar, xa que cadaquén terá que facerlo de xeito independente para cada unha das sesións dúas semanas antes, aproximadamente, da celebración do percorrido. Así, para asistir ao primeiro roteiro literario, que será con Rivas a primeira fin de semana de abril, as persoas interesadas deberán solicitar a súa praza a partir das 9.00 horas do xoves 17 de marzo. O mesmo sucederá cos Paseos con Espinosa (abrirase a inscrición o día 11 de abril), Castaño (2 de maio) e Feijoo (30 de maio). Como vén sendo habitual, a inscrición poderá facerse, de forma gratuíta, na conserxería do Centro Ágora ou a través do teléfono 981 189 888.

Todos os paseos terán unha duración dunha hora e media e comezarán ás 12.30 horas da mañá, agás o de Estíbaliz Espinosa, que comezará ás 11.00 horas do 23 de abril. O punto de partida de cada roteiro será nun lugar que o Servizo de Normalización Lingüística notificará ás persoas inscritas con anterioridade.

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión