Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

28 de outubro de 2015

José Manuel Sande salienta o compromiso do Concello co baloncesto e "a magnitude internacional" que terá a Copa do Rei

O evento deixará na cidade máis de 20 millóns de euros, segundo declarou o director do torneo, Gerard Freixa, na presentación da campaña de abonos

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá a campaña da venda de abonos para a Copa do Rei de baloncesto, que terá lugar dos días 18 ao 21 de febreiro de 2016 na Coruña. Sande destacou a “efervescencia” que vive nestes intres o baloncesto e o compromiso do Concello co deporte, así como a satisfacción do Goberno local pola celebración “dun dos grandes eventos deportivos que podemos atoparnos hoxe no panorama español”. “A Copa representa un remanente económico e turístico para a cidade”, explicou o concelleiro, “e tamén a posibilidade de ter un acontecemento de magnitude non só local ou estatal, senón tamén internacional”.  O responsable de Deportes sinalou que a venda anticipada de entradas comezará o 4 de novembro, dando “o pistoletazo de saída”, segundo expresou, á venda que contará con distintas fases até a celebración da fase final do torneo.

O director da Copa do Rei, Gerard Freixa, explicou que “o impacto económico” que se espera na cidade pola celebración do evento deportivo entre turismo e publicidade será “de máis de 20 millóns de euros” e que “dous meses despois” da finalización do evento, presentaranse “os números do impacto na Coruña”.  Nesta ocasión a venda de abonos anticipada comezará “con antelación suficiente para poder planificar a viaxe” segundo Freixa, xa que nos últimos anos “vén máis xente de fóra que local ao evento”. O director salientou que na última edición “máis de 6000 persoas desprazáronse ás illas Canarias para ver unha competición de catro días”.

O día 4 de novembro, iniciarase a venda preferente para todas aquelas persoas que sexan socias e abonadas de clubs da ACB. Dous días máis tarde, o  6 de novembro as 00.00, comezará a venta ao público xeral das entradas, agás dos abonos que quedarán reservados para os clubs que participen na Copa. “Cada equipo terá reservadas 250 entradas cando coñeza a súa clasificación”, explicou Freixa, “agás un que xa está clasificado, o Obradoiro, que ten dereito á participación pola designación da sede na Coruña”. Os demáis clasificaranse “a medida que pasen as xornadas até a última, que será o 23 e 24 de xaneiro. O día 25 faremos o sorteo de emparellamento e os equipos disporán das entradas bloqueadas”, expuxo Freixa, quen asegurou que “se os equipos non quedan coas entradas, sairán á venda”.

En total poderán adquirise aproximadamente 7.200 abonos a través das webs www.copadelreyacb.com, www.acb.com, webs oficiais da Asociación de Clubs de Baloncesto, nas propias páxinas oficiais dos clubs a través de banners e, de forma física, no pavillón Fontes do Sar de Santiago de Compostela, cada día que o Obradoiro, equipo anfitrión da Copa, xogue como local. Os abonos de venta anticipada, até o 31 de decembro, terán un coste entre 110 euros e 405 euros segundo a situación no Coliseum e, desde o 1 de xaneiro, o seu prezo final será desde os 120 euros até os 450 euros. Como novidade nesta ocasión porase en marcha a aplicación “Ven a la Copa con tus amigos”, que permitirá agrupar as persoas que, aínda que non mercasen as entradas xuntas, poderán sentarse ao carón das súas amizades no recinto municipal.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?