Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de setembro de 2015

O Aquarium Finisterrae acolle desde mañá, xoves 24, actividades do proxecto europeo Sea for Society

Os obradoiros, enmarcados no Festival Mar de Mares, inclúen un taller de fotografía submarina impartido por David Doubilet

Desde mañá e até o 29 de novembro terán lugar na Coruña as actividades de mobilización cidadá do proxecto europeo ‘Sea for Society’, liderado no Estado polo Aquarium Finisterrae. ‘Sea for Society’ é un programa da Comisión Europa que reúne a un consorcio 11 países, formado por institutos de investigación, axencias, museos de ciencia e acuarios ou organizacións da sociedade civil que ten como obxectivo compartir coñecemento, forxar alianzas e habilitar actores sociais en asuntos relacionados co Océano. As actividades, enmarcadas na celebración do Festival Mar de Mares,  serán as seguintes:

- Desde o 24 de setembro. Cidade azul. Arte na rúa cos colectivos Basurama e Hábitat Social. Dúas instalacións artísticas en dúas localizacións -explanada do Parrote e diversos puntos do perímetro da cidade- explorarán a relación da Coruña co mar.

- 24 ao 29 setembro. Un día coas xentes do mar. Encontros con profesionais do mar, oceanógrafos, percebeiro, mergulladora e peixeira, en dous centros escolares de Primaria e dous centros de Secundaria da Coruña.

- 26 de setembro. Safari fotográfico: A Coruña e o Mar. O fotógrafo coruñés Amador Lorenzo acompaña a 15 participantes nun percorrido no que se visualice o vínculo entre a cidade e o mar, lonxa, mercados, barrios de pescadores, comercios…

- 26 de setembro. Revelacións mareantes á mesa dun bar. Un encontro distendido con formato café-teatro no que as biólogas do IEO Dolores Garabana e Paz Sampedro, e o actor Vicente Mohedano mostrarán como o océano inflúe nas nosas vidas nun diálogo concorrido e pouco ortodoxo. No Aquarium Finisterrae ás 19.30 horas.

- Do 24 de setembro ao 29 de novembro. Arte azul. Encontros artísticos en establecementos do barrio da Peixaría que promoven a reflexión sobre o mar e a súa importancia nas nosas vidas.

- 13 de novembro. Storytelling: reinos de coral e imperios de xeo. O fotógrafo de National Geographic David Doubilet fará un percorrido visual polas historias publicadas nas revistas. 19.30 horas, na Domus.

- 14 de novembro. Obradoiro de fotografía submarina: execución, produción e edición dunha reportaxe baixo o mar. Impartido por David Doubilet e Jennifer Hayes.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión