Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Nuestras mujeres"

Tres vellos amigos quedaron para xogar a partida de cartas habitual, con todo un deles atrásase inexplicablemente. Ten unha boa razón: asasinou á súa muller.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

29/04/2016

Xa rematou

Horario:

20.30 horas

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Cun punto de partida sorprendente, potente, de pura teatralidade, Assous preséntanos o seu máis recente éxito teatral: "Nuestras mujeres" (Nos femmes). Poñendo en cuestión moralidade, conviccións íntimas e ética persoal, o autor propón un xogo vertixinoso no que tres personaxes masculinos combaten nun duelo sen cuartel con outras tres mulleres que, sen aparecer nunca sobre a escena, provocan unha acción na que se discute unha íntima cuestión: Que supón ser un home hoxe en día?

"Nuestras mujeres" formula temas universais: o valor da amizade, o compromiso ante o deber, a idea de xustiza por encima de todo, a loita entre o correcto e o incorrecto. Que facer cando un vello amigo comete un crime? Delatalo? Salvalo? Este conflito pon a proba a Max, Paul e Simón nunha noite que pode supoñer a ruína dos tres.

Esta versión española estará interpretada por tres actores máis novos (o texto orixinal presenta personaxes na sesentena): Gabino Diego, Antonio Garrido e Antonio Hortelano, todo eles curtidos nas claves da comedia. Formulada cos mesmos conflitos principais da obra francesa, aquí incídese no aspecto máis chispeante e xoguetón da obra teatral, na súa esencia de vodevil, centrándose nunha xeración máis dinámica, determinante neste momento social e político, achegando enerxía e vitalidade á 'mirada xeracional' que subxace baixo o texto.

Con diálogos picados, contundentes, que en ocasións remiten a David Mamet e unha estrutura 'de ferro' á maneira de Yasmina Reza, en "Nuestras mujeres" subvértense as máis íntimas conviccións e crenzas, desenmascárase a falsa imaxe que albergamos sobre cada un de nós, sobre a nosa realidade, e todo iso cun sorriso: aquí a reflexión profunda preséntase de maneira leve, sutil, case irónica, na máis pura tradición do vodevil francés.

Fronte ao pragmatismo, a mentira e a manipulación –todo vale con tal de salvarse- a reacción dos personaxes móvese dende o cinismo –que actúa como unha sutil chiscadela á actualidade política e económica desta época convulsa, tanto en Francia como en España- á falsa tolerancia, a comprensión sincera e mesmo a vinganza persoal. E tamén suxire un debate particularmente polémico: a posibilidade de que o machismo e a permisividade ante os malos tratos á muller non desaparecesen entre os individuos privilexiados e cultos, as elites, nin sequera nunha das rexións máis civilizadas do mundo: Europa.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión