Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tradición, cambio e innovación

A exposición "Tradición, cambio e innovación", con fondos da Colección de arte ABANCA, traza un percorrido pola obra de grandes artistas do século XX nacionais e internacionais

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 02/03/2016 ata o 04/06/2016

Xa rematou

Horario:

De luns a venres de 17.00 a 21.00 h. Sábados e festivos de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h.

Enderezo:

Rúa Cantón Grande 21.

Poderaste atopar coa esencia creativa de Castelao, Braque, Díaz Pardo, Blanchard, Dalí, Seoane... e máis artistas que seguen representando hoxe a innovación artística.

Esta selección de obras mestras dará a oportunidade de coñecer parte deste valioso patrimonio artístico a todo o público que a visite. Con esta mostra queremos contribuír ao desenvolvemento cultural de Galicia e a salientar a vocación de difusión e divulgación da Colección de Arte ABANCA.

Nela inclúese case un cento de obras mestras na que destacan artistas clave na historia da arte universal, como Dalí, George Braque, Joan Miró, F. Leger ou Julio González, entre outros. Xunto a eles, tamén as figuras máis relevantes da arte galega dende comezos do século XX ata a actualidade: Castelao, Souto, Seoane, Díaz Pardo, Leiro, Manuel Vilariño ou Vari Caramés.

Neste colectivo ocupan un lugar destacado as catro Recolectoras de Francisco Leiro, concibidas polo escultor de Cambados como unha homenaxe a todas aquelas persoas que traballaron para recuperar a costa galega tras o afundimento do Prestige.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión