Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Hay un wismichu en mí"

Vente divertir como nunca o fixeches e saca o Wismichu que hai en ti. OS MENORES DEBEN ASISTIR ACOMPAÑADOS DUNHA PERSOA ADULTA OU CO CONSENTIMENTO DO SEU TITOR LEGAL.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/04/2016

Xa rematou

Horario:

12 y 17.30 horas

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

De onde sae Wismichu? Quen é realmente? Que facer cando te posúe un personaxe coma Wismichu?

O espectáculo ‘Hay un Wismichu en mí’ é a resposta a esa pregunta existencial que todos nos facemos. Porque, aínda que nos custe recoñecelo ás veces, todos temos un Wismichu no noso interior. Ven e participa no show máis interactivo do ano e saca o teu Wismichu máis divertido e provocador.

Despois do éxito acadado o ano pasado xunto ao seu compañeiro AuronPlay, Wismichu volve aos escenarios cun espectáculo sorprendente onde o humor, a súa persoal e divertida visión da vida, pero sobre todo a interacción e a participación do público son a clave.

A sorpresa é un elemento esencial que viaxa sobre unha divertidísima historia, onde Wismichu demostra as súas táboas e grandes dotes como monologuista. Ten só 22 anos pero iso non lle impide estar xa á altura dos mellores.

No escenario non estará só. Acompañarano durante toda a xira os cómplices en infinidade dos seus épicos vídeos de YouTube, KajalNapalm e JoaquinPA. Ademais haberá invitados e aparicións sorpresa. Pero é a participación do público o que fará de cada sesión un espectáculo absolutamente único e irrepetible. Tamén descubrirás a parte máis creativa de Wismichu e poderás interactuar con infinidade de artiluxios, proxeccións e robots ideados pola mente máis arriscada e innovadora de todo YouTube. Imaxina ademais poder vivir en directo e participar xunto con Wismichu nas súas probas e bromas máis divertidas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión