Concello da Coruña

Concello da Coruña

Todo me fala de ti

INVITACIÓNS ESGOTADAS

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

10/04/2016

Xa rematou

Horario:

12:00 h

 

Duración:

50 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

INVITACIÓNS ESGOTADAS

Entrada de balde pero con convite (repartiranse na conserxaría do Fórum, desde o luns 4 de abril, ás 9.00 h. Máximo 4 convites por persoa)

  • Toda persoa que acceda ao recinto (tanto adulta como infantil), deberá facelo con entrada. 

Contacto:

981 184 293

Os creadores de “A nena e o grilo” e “María Fumaça” producen esta nova proposta musical na que estarán acompañados do acordeonista Santi Cribeiro, para interpretar un repertorio composto por cancións da súa nova produción Canta o Cuco.

Esta proposta musical está composta por cancións de Canta o Cuco, libro que presentará Galaxia no mes de decembro no que homenaxean ao autor das Letras Galegas 2016, Manuel María, e cuxo título fai alusión ao canto do paxaro como símbolo de confianza no futuro e vínculo de compromiso e espertar da enerxía da natureza e a terra: “O ciclo da natureza que se reencontra consigo  mesma, a música das esferas”.

“Todo me fala de ti” inclúe unha  globalidade de ritmos e estilos musicais para vestir os versos de Manuel María que abrangue desde a música tradicional propia até os universos próximos do pop e o rock, pasando polos aromas da canción de autor ou os aires latinoamericanos do tango e do son cubano.

“Todo me fala de ti” é unha actividade pertencente ao programa de dinamización lingüística “FalaRedes”, promovido pola Consellería de Cultura e Educación –por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística –en concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

 

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión