Concello da Coruña

Concello da Coruña

Brinca Vai! 2.0

ESGOTADAS LOCALIDADES PARA O PASE DAS 17.30 h

A quen vai dirixido?:

Actividade dirixida a público infantil e familiar.

 

 

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

23/04/2016

Xa rematou

Horario:

17.30 e 19.30 h

 

 

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

5 € (abono 3 familiar, 12 €) (polo menos 1 adulto e 1 menor)

Menores de 3 anos: 2 €

  • Toda persoa que acceda ao recinto (tanto adulta como infantil), deberá facelo con entrada. 

Televenda:

Ticketea

Contacto:

981 184 293

 

Trátase dunha actividade dirixida a público infantil e familiar baseada nas cancións do libro-disco “Brinca Vai!”, publicado por KALANDRAKA, no que Paco Nogueiras interpreta cancións baseadas en temas como a natureza, os xogos tradicionais, ou as festas como o magosto e o Nadal.

Ademais de interactuar coa “máquina” coa que Paco Nogueiras reforza as melodías dos instrumentos que toca en directo, esta versión 2.0 incorpora como elemento destacado unha “pantalla” na que Sagüillo proxecta fragmentos dos videoclips das cancións e mesmo fai partícipe o público, a través das imaxes en directo que transmite cunha cámara de video.

O humor está presente de principio a fin nesta función, na que maiores e pequenos moveranse a ritmo de rap, techno, rock e reggae, que son algúns dos estilos modernos que caracterizan as composicións de Paco Nogueiras para a proposta lúdica e transgresora do “Brinca Vai!”, ilustrado polo debuxante David Pintor.

Paco Nogueiras ten unha ampla experiencia non só como músico, senón tamén como actor de teatro. Ademais de representar por toda Galicia o espectáculo “Brinca Vai de aquí a acolá”, tamén forma parte de grupos como Orquestra Os Modernos, Os Tres TENedORES e do coro da Escola

Estudio de Música de Santiago. O vigués José Miguel Sagüillo é deseñador, director de videoclips e curtametraxes. Entre os seus traballos máis recentes destacan a webserie “Dálle ghas” do grupo Triatreros, aínda que tamén deixou a súa impronta nos murais de temática mariñeira pintados en Torrecedeira e Pi e Margall.

 

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes Pza. Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.20 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Fórum: día do espectáculo desde 1 h antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00; sábados de 14.00 a 22.00; domingos de 16.00 a 21.00 h)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión