Concello da Coruña

Concello da Coruña

Gemeliers - Xira "Mil y una noches"

ESPECTÁCULO CANCELADO * A devolución das entradas realizarase a través da canle de compra mediante a cal foron adquiridas, a data tope para aceptar as ditas devolucións será o día 15 de abril.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/04/2016

Xa rematou

Horario:

21.00 h (hora do concerto)

20.30 h ( apertura de portas)

 

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

Pista (Premium) (Filas 1-8): 45,00 € (+ gastos)

Pista (Filas 9-20): 35,00 €

(+ gastos )

Tendido Baixo (numerado): 28,00 € (+ gastos)

Tendido Medio (sen numerar): 25,00 € (+ gastos)

Televenda:

Ticketea

Con 16 anos recentemente cumpridos, Gemeliers, Jesús e Daniel Oviedo, regresan aínda máis maduros co seu segundo álbum “Mil y una noches”.

Este novo recompilatorio conta con once cancións seguindo a súa liña romántica cunha inspiración máis animada e activa, destacando estilos de corte pop e latino.

Para a produción do seu disco quixeron contar de novo cos produtores Ismael e Aitor Moya e Max Pizzolante, produtor venezolano afincado en Miami e coñecido por traballar con artistas como Ricardo Montaner.

Un álbum que empeza co pistoletazo de saída da estrea do seu primeiro single "Grandes". "Grandes" poderase adquirir en plataformas dixitais a partir do 14 de abril. "Mil y una noches" dá comezo a unha ampla xira por todas as cidades como Sevilla en xuño con máis de 9.000 asistentes, Madrid, Barcelona, Málaga… prazas importantes que conseguiron o ano pasado colgar o cartel de ¨Sold Out¨.

Tras o éxito polas máis de 100.000 unidades vendidas polo seu disco ¨Lo mejor está por venir¨, conseguen Dobre Disco Platino, publican o seu primeiro libro autobiográfico lanzado coa recoñecida editorial Grupo Planeta, logra vender máis de 45.000 unidades chegando á súa 4ª edición. Posteriormente publícase o DVD ¨Gracias por nuestra primera gira¨ que inclúe a gravación das súas actuacións en Barcelona e Madrid contando coa colaboración de India Martínez, Xuso Jones, Jaime Terrón, Calum, Jesús Giles, Aran One… situándose no Nº 1 de vendas. 

Con triunfo do seu primeiro traballo ¨Lo mejor está por venir¨, en menos dun ano de diferenza, sae á venda o seu segundo disco ¨Mil y una noches".

Da man da súa discográfica Pep´s Music Group, intérnanse nun novo reto nacional e internacional, cruzando o charco a México, Colombia, Ecuador e Chile.

 

ESPECTÁCULO CANCELADO

* A devolución das entradas realizarase a través da canle de compra mediante a cal foron adquiridas, a data tope para aceptar as ditas devolucións será o día 15 de abril.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión