Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Presidente

Teatro do Morcego preséntanos Presidente de Jose Prieto.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 08/04/2016 ás 20:30 , 09/04/2016 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

80 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 euros (carné xoven, + 65 anos, desempregados, -20%)

Televenda:

Ticketea

En plena campaña electoral, coas enquisas vaticinando a derrota electoral do seu partido, o Presidente do Goberno e os seus asesores deciden tomar unha iniciativa desesperada: o Presidente visitará persoalmente aos votantes nas súas casas para convencelos de que o voten.

Distintas familias recibirán nas súas casas, sen previo aviso, a inesperada visita do Presidente: unha familia humilde en situación crítica cos seus membros en paro, unha familia ultraconservadora preocupada pola perda dos valores tradicionais, ou unha familia monoparental antisistema escoitarán de súpeto como soa o timbre da súa porta e diante deles aparece o Presidente disposto a convencelos de que a súa opción é a mellor.

Conseguirá o Presidente o voto de xente tan variada, darlle a volta ás enquisas e continuar gobernando outros catro anos?

Coñecerán o resultado das eleccións ao final desta comedia electoral de manipulación política!

Con Celso Parada, Mercedes Castro, César Goldi, Iolanda Muíños, Federico Pérez.

Autor e director: Jose Prieto

Teatro do Morcego

Duración estimada: 80 minutos

Venda de entradas soltas a partir do 13 de xaneiro

Despacho de billetes Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes Teatro Rosalía: só días de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h

Televenda: 902 044 226

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión