Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ida, de Pawel Pawilkowski

Polonia 1962. Anna é unha guapa mociña de 18 anos, que se prepara para converterse en monxa no convento onde viviu desde que quedou orfa de nena, pero axiña descobre que ten unha parente viva que ten que visitar antes de tomar os votos, a irmá da súa nai, Wanda.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 31/03/2016, 01/04/2016, 02/04/2016

Xa rematou

Horario:

- xoves 31 de marzo 20.15 h

- venres 1 de abril 20.15 e 22.45 h

- sábado 2 de abril 17.15 e 20.15 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3 euros (carné xove, +65 anos ou persoas desempregadas, 2.00 euros)

Sesións do espectador: venres 22.45 e sábados 17.15 h (prezo único: 1,50 euros)

 

Organiza:

IMCE

Documentos:

Programación Sala Marilyn EFA: Mellor película (587 KB)

Ambas embárcanse xuntas nunha viaxe de descubrimento sobre elas mesmas e do seu pasado común. Anna descobre que a súa tía non só é unha antiga avogada do Estado comunista, coñecida por sentenciar a sacerdotes e a outras persoas a matar, senón que ademais é xudía. Descobre así que ela tamén é xudía e que o seu verdadeiro nome é Ida. Esta revelación fai que Anna, agora Ida, inicie unha viaxe para descubrir as súas raíces e para enfrontarse á realidade sobre a súa familia. Ida debe elixir entre a súa identidade natal e a relixión que a salvou dos masacres da ocupación nazi de Polonia. E Wanda debe enfrontarse a decisións que tomou durante a guerra, cando elixiu a fidelidade á causa antes que a familia.

Director: Pawel Pawlikowski

Intérpretes: Agata Kulesza, Agata Trzebuchowska

Polonia, 2013 - 82 min (VOS en castelán)

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 7 ANOS

Formato: 35 mm

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión