Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Ráfagas - Encontro con Miguel Anxo Murado

Iugoslavia: metáfora e realidade da guerra

Cuándo:

08/11/2012

Ya ha finalizado

Horario:

20.30 h

Precio:

Entrada libre

Aforo limitado

 



Iugoslavia xa non existe. O nome borrouse dos mapas e xa só se lembra como un sinónimo
da guerra.

O escritor Miguel Anxo Murado, que traballou nesa guerra como xornalista e a tratou nun libro como narrador, repasa o que foi aquel conflicto como realidade e como imaxe metafórica de todas as guerras, de Europa e da condición humana.
Presenta Manuel Veiga Taboada

Miguel Anxo Murado (Lugo, 1965) ten explorado case que todos os xéneros literarios, desde o relato á poesía, o teatro, o ensaio e o guión de cinema e televisión.


Paralelamente, ten desenvolvido ao longo dos anos unha actividade intermitente como xornalista. Nos anos 90 cubriu o conflito da antigua Iugoslavia, o que inspirou o seu libro de relatos Ruído. Relatos de guerra. Tamén residiu durante anos en Oriente Medio, donde traballou para a ONU en Palestina e cubriu logo como xornalista a Segunda Intifada, experiencia que detalla no libro
autobiográfico Fin de século en Palestina. Na actualidade, Murado é analista de política internacional no diario La Voz de Galicia e colaborador habitual na cadena SER, así como en medios estranxeiros como a BBC, o diario The Guardian e cadena de televisión rusa Russia Today.

Manuel Veiga Taboada é xornalista e escritor; doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía pola UNED
e Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense. Entre 2007 e 2010 foi
director do semanario A Nosa Terra. É autor de varios ensaios e novelas. A súa obra narrativa
mereceu o premio Xerais no 2004 e o García Barros no 2006.

Entrada libre, aforamento limitado

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión