Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de outubro de 2015

A contorna do Pazo dos Deportes permanecerá pechada ao tráfico desde as 7.45 h até as 14.30 horas

O Concello establecerá o domingo un dispositivo especial de tráfico no Paseo Marítimo pola carreira Coruña10

A proba comezará ás 10.30 h e rematará ás 11.45 horas, quedando liberado o circuíto co paso das e dos corredores

O Concello da Coruña porá en marcha o vindeiro domingo, 11 de outubro, un dispositivo especial de tráfico con motivo da celebración da IX Carreira Popular Coruña10. As e os atletas populares percorrerán, desde as 10.30 h até as 11.45 horas, 10.000 metros polo Paseo Marítimo da enseada do Orzán, achegándose dun extremo a outro nas rotondas do Millenium e Torre de Hércules, con saída na Avenida da Habana e meta na de Buenos Aires.

Desde as 7.45 horas do domingo, cortarase o tráfico en distintos puntos do Paseo Marítimo. Os primeiros tramos sen circulación serán o situado fronte o pavillón de Deportes, até as 14.30 horas, e Manuel Murguía desde o Paseo Marítimo até Almirante Lángara, que se abrirá ao tráfico a partir das 13.30 horas. A proba comezará ás 10.30 horas da mañá na Avenida da Habana, e o tráfico liberarase no circuíto do Paseo co paso dos corredores, agás nas zonas mencionadas. A conexión do Paseo de Ronda coa Avenida Calvo Sotelo (Alfredo Vicenti), a través da Avenida da Habana, cortarase de 10.15 h. a 10.40 h pola saída da proba. Durante toda a celebración da carreira, as glorietas do Millenium e da Torre de Hércules permanecerán pechadas ao tráfico.
Para facilitar o tráfico, e polo peche da glorieta da Torre de Hércules, abrirase o paso de Irmáns da Lejía a Avenida de Navarra, e manterase a conexión da rúa Sol coa rúa Hospital para permitir o paso do autobús urbano.


Modificacións das liñas de autobús

No momento de concentración dos corredores na Avenida da Habana, as liñas 3, 3A e 7 non poderán circular pola devandita avenida, Alfredo Vicenti e Praza de Pontevedra. Farano por Ronda de Nelle, glorieta con Vila de Negreira, Paseo das Pontes e Praza de Pontevedra, onde as liñas 3 e 7 incorporaranse ao seu itinerario habitual. Así mesmo, como o Paseo Marítimo estará cortado, a liña 3A, xunto coa 4, 6, 6A e 11 que habitualmente saen ao Paseo Marítimo pola rúa Alta, circularán por San Andrés até a rúa Sol, saíndo en Salesianos e continuando por rúa Hospital cara a Praza de España sen interferir co circuíto da proba. Desta maneira, as liñas que circulan polo Paseo Marítimo, a 3A e a 11, terán que facelo por rúa Hospital, Praza de España e Orillamar, continuando o 3A cara Adormideras e o 11 pola Avenida de Navarra e Ronda Monte Alto, recuperando o seu percorrido na glorieta da Avenida de Hércules - As Lagoas.
A liña 3, en sentido de circulación de Adormideras cara a Praza de Pontevedra, ao non poder continuar polo Paseo Marítimo, regresará pola Avenida de Navarra, rúa Torre, Praza de España, Panaderas e San Andrés.


Alternativas de tráfico para a entrada e saída da cidade

Entrada á cidade:

- Desde a AC-11 (Alfonso Molina) ou a AC-12 (estrada das Jubias) cara á Cidade Vella e Monte Alto e Adormideras
- Por Linares Rivas, Alférez Provisional, túnel da Dársena cara a rúa Orillamar
- Desde Alfonso Molina ou estrada das Jubias cara ao Ensanche e Peixería
- Por Federico Tapia, Praza de Galicia, Rosalía de Castro e Francisco Mariño accederase a San Andrés e, desde aí, Praza de España - San Juan
- Desde Avenidada Finisterre cara ao Ensanche, Peixería, Monte Alto e Cidade Vella
- Por Juan Flórez ou praza de Pontevedra, San Andrés
- Acceso aos barrios de Labañou - Os Rosales pola Ronda de Outeiro e Terceira Ronda

Saída da cidade:

- Desde Monte Alto e Cidade Vella poderase optar desde a Praza España polo túnel de María Pita e saír por Alférez Provisional cara a AC-11 ou AC-12, ou por Panaderas cara o Pórtico de San Andrés, San Andrés, Praza de Pontevedra e desde aí tomar as diferentes saídas da cidade
- Desde o Ensanche estará abertas todas as saídas tanto por Juan Flórez como por Linares Rivas cara á AC.-11
- Desde Labañou - Os Rosales: pola Terceira Ronda e Ronda de Outeiro

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión