Co título UrbEx3, Exploración urbana, esta exposición fotográfica amosa tres propostas moi distintas que profundan no concepto do tempo; na Plataforma14 no Fórum Metropolitano.
Para público en xeral
Dende o 13/04/2016 ata o 06/05/2016
Xa rematou
De luns a venres de 9.00 a 21.00h.
Sábados de 9.00 a 14.00h e de 17.00 a 21.00h.
Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
de balde.
Cmix, Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña
Fórum Metropolitano
R/ Río Monelos, 1. 15006- A Coruña
Tel. 981 184 294
cmix@coruna.es
Co título UrbEx3, Exploración urbana, esta exposición fotográfica amosa tres propostas moi distintas que profundan no concepto do tempo. Que sucede nun lugar cando se abandona? Que fai o tempo co espazo cando non hai ninguén para velo?
Olga Vázquez, Santiago Montero e Juan Carlos G. Franco son a/os autora/es das imaxes que nos convidan a transitar a través de casas, igrexas, fábricas, hospitais, espazos que foron de vida e hoxe de silencio. Son lugares abandonados, prohibidos, segredos, que desenvolven narrativas ocultas aos nosos ollos, enfocando unha evolución en desuso coa que nos contan unha nova historia.
O sábado 16 de abril ás 18:00h. a/os artistas farán o acto oficial de inauguración.
Ata o 08/05/2024
Dende o 31/03/2024 ata o 31/03/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible