17 de abril de 2024
A través desta iniciativa, o Goberno de Inés Rey busca facilitarlles ás familias unha ferramenta de conciliación durante as vacacións escolares
Este mércores, o Palacio Municipal de María Pita acolleu a sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, na que o Goberno de Inés Rey adxudicou o contrato de xestión dos Campamentos Municipais de verán e do Nadal, unha iniciativa coa que o Concello busca facilitarlles ás familias unha ferramenta de conciliación nos períodos das vacacións escolares.
O contrato de organización está dividido en catro lotes: campamentos urbanos de verán e Nadal, campamentos de día de verán, campamentos tradicionais de verán e, por último, a xestión da preinscrición en liña para participar nos campamentos municipais.
O investimento do Concello, a través da Área de Benestar Social, é de 585.000 euros.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible