11 de marzo de 2024
Publicación da listaxe de persoas interesadas con requirimento de documentación da convocatoria de axudas para o transporte en taxi (Bonotaxi 2024). O prazo para presentar a documentación requirida é ata o 25 de marzo.
No documento que se atopa ao final desta noticia, pódese consultar a relación de persoas solicitantes, ás que se require documentación no procedemento de concesión de Axudas Bono-Taxi 2024
Quen solicitase o bono taxi e aparezan na listaxe como que non cumpren os requisitos porque lles falta presentar determinada documentación, se non a presentasen no prazo establecido, entenderase que desisten da súa solicitude, previa resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
O prazo para entregar a documentación requirida neste procedemento comeza o día 12 de marzo e termina o 25 de marzo.
Tamén se pode consultar esta información en Taboleiro de Anuncios e Edictos Municipal
Bono taxi 2024. Solicitantes con requirimento de documentación (1 MB)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible