Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de outubro de 2016

VI Edición do concurso de viñetas "SEN ADICCIÓNS...UN BO PLAN"

A Concellería de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña, dentro do marco de accións desenvolvidas para a prevención das drogodependencias e promoción do lecer saudable en mozos/as, convoca a VI Edición do concurso de viñetas “Sen adiccións...un bo plan”.

Este concurso, cofinanciado polo Plan Nacional sobre Drogas e o Ministerio de Sanidade Servizos Sociais e Igualdade, ten como obxectivo implicar aos/ás mozos e mozas no deseño de estratexias de sensibilización na prevención de condutas adictivas e fomentar as alternativas de lecer e hábitos saudables. 

Poderán participar mozos/as que estean a cursar o ensino de secundaría obrigatoria (ESO) en centros do municipio da Coruña, en dúas categorías, unha dirixida a alumnos que cursan 1º e 2º de ESO e outra dirixida a alumnos que cursan 3º e 4º de ESO e FP básica. A participación pode ser individual ou promovida polo centro escolar do participante.

A temática das viñetas será unha interpretación libre (real, humorística, fantasiosa...) dos seguintes temas:

Categoría 1: "Lecer saudable... un bo plan"

Categoría 2: "Sen alcol e outras adiccións... un bo plan"

Preténdese que a viñeta reflexe que significa para o/a autor/a ter "un bo plan" sen necesidade de recorrer a ningún hábito ou consumo adictivo  promovendo hábitos saudables.

A presentación poderá realizarse nunha viñeta única realizada a man en formato DIN A4  ou, dúas viñetas cun fío condutor en formato DIN A4. A viñeta poderá incluír unha frase, frases ou lema, en castelán ou galego, relacionado co debuxo. Cada participante  só poderá presentar unha  obra orixinal e inédita e non premiada con anterioridade. As viñetas presentadas non deberán resultar ofensivas nin discriminatorias e respetarán as bases do concurso.

Os traballos poden ser escaneados e enviados ata o día 25 de novembro de 2016, inclusive,  por correo electrónico á seguinte dirección concurso@unboplan.com , ou ben se poden entregar ata o día 25 de novembro de 2016 ás 14:00 horas na seguinte dirección:

Concellería de Xustiza Social e Coidados

VI Concurso de Viñetas " Sen adiccións... un bo plan"

C/ Fernández Latorre 64-66 Entreplanta

15006- A Coruña

Calquera que sea a forma de presentación elixida, debe incluir os seguintes datos:

Autor/a: Nome e apelidos, idade, teléfono de contacto e, a ser posible, unha dirección de correo electrónico na que avisarlle no caso de ser premiado.

Centro escolar: Nome do centro escolar e curso no que o autor/a está matrículado. Se a participación é promovida polo centro escolar, ademáis débese incluir o nome do docente que promove a participación no concurso e unha dirección de correo electrónico na que informarlle en caso de ser premiado

O premio, para cada unha das categorías, consistirá nun vale por valor de 125€ en material deportivo para o premiado e un vale de 100€ en material deportivo ou escolar, a elixir, para o centro premiado no caso de que fose este o promotor da súa participación. O  fallo do concurso farase público ao longo do mes de decembro de 2016.

Máis información sobre as bases do concurso no teléfono de información municipal 010, Centros cívicos municipais e nos dípticos que recollen as bases deste concurso.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión