Concello da Coruña

Concello da Coruña

Centro Cívico Monelos, excursión fin de actividades

Excursión de fin de actividades a Muros e Noia. Visitas guiadas ao Muíño das Mareas e ao centro histórico de Muros.

A quen vai dirixido?:

Interxeracional.

Cando:

10/06/2014

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 26/05/2014 ata o 28/05/2014

Duración:

un día

Enderezo:

Centro Cívico Monelos. Monelos 2, A. 15008 A Coruña

Prezo:

Gratis.

Requisitos:

Participantes en actividades socioculturais do CCM Monelos no 2014.

Imprescindible DNI.

 

Inscrición: 26, 27 e 28 de maio.

Horarios: de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 h.

Organiza:

C.C. San Diego

Observacións:

A saída dos autobuses realizarase ás horas marcadas.

Dende A Coruña, a saída ás 9.00 h (parada autobús Mercado Elviña). É importante estar na parada 10 minutos antes da saída.

Antes de chegar a Muros realizarase a visita guiada ao Muíño das Mareas, as persoas que non desexen participar nesta visita terán tempo libre. Unha vez finalizada esta visita tomaremos o autobús cara á vila de Muros, realizaremos unha visita guiada polo centro histórico. Tempo libre para comer (comida a cargo de cada participante). Ás 16.30 h saída para Noia, tempo libre. Saída para A Coruña ás 20.00 h.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión