Excursión de fin de actividades a Sanxenxo, Combarro e Pontevedra.
Persoas participantes en actividades socioculturais dos Centros Cívicos de Castrillón e Eirís.
04/06/2014
Xa rematou
Dende o 26/05/2014 ata o 28/05/2014
9.00 Saída da r/ Abegondo, á beira da Biblioteca Municipal de Castrillón.
21.00 Chegada á r/ Abegondo, á beira da Biblioteca Municipal de Castrillón.
Gratuíto.
A comida correrá a cargo de cada participante.
Formalizar a inscrición, que se realizará no Centro Cívico de Castrillón, por orde de chegada os días 26, 27 e 28 de maio no seguinte horario:
10.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 h.
A excursión de fin de actividades está dirixida a persoas que participasen en actividades socioculturais dos Centros Cívicos de Eirís e Castrillón durante o ano 2014.
No momento da inscrición as persoas deberán facilitar un número de teléfono móbil e o seu número de DNI.
Visitaremos as localidades de Sanxenxo e Combarro durante a mañá. Ás 14.00 h chegaremos a Pontevedra, onde se realizará a comida, que será a cargo de cada participante.
Iniciaremos o regreso á Coruña a partir das 19.00 h.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible