Concello da Coruña

Concello da Coruña
  • Actividades socioculturais en colaboración con entidades do terceiro sector

    Actividades, talleres, realizacións de actos conmemorativos, conferencias, festas e efemérides.

    Poden ser de duración periódica ou de carácter puntual.

  • Actividades socioculturais periódicas e puntuais nos centros cívicos

    Actividades, talleres, celebracións de actos conmemorativos, conferencias, festas e efemérides.

    Poden ser de duración periódica (ofértanse nas convocatorias de xaneiro e setembro) ou de carácter puntual, as cales teñen unha duración variable e cuxa oferta e publicidade non está suxeita ao calendario xeral das convocatorias anteriormente nomeadas.

  • Actuacións de colaboración con entidades do ámbito da migración

    Conxunto de actuacións e accións dirixidas a fomentar, promocionar e cooperar na integración socio-laboral da poboación migrante en territorio español e a levar a cabo actuacións conxuntas en prestacións vencelladas á información e asesoramento xurídico, social e laboral cun carácter transversal.

  • Actuacións de prevención do absentismo escolar

    Tratamento dos casos de absentismo de menores en idade escolar obrigatoria, poñendo á súa disposición e a das súas familias a información e os medios necesarios para facer efectiva esa escolarización.

  • Apoio á tramitación de recursos e prestacións doutros sistemas de protección social en xeral

    Dar apoio á persoa directamente ou axudándoa nas xestións que sexan necesarias para obter un recurso concreto ante unha demanda dun recurso ou servizo que pertence a outro sistema de protección social como Seguridade social, Emprego, Vivenda, Sanidade, Educación, Administración civil, Administración de xustiza etc.

  • Apoio para a tramitación e xestión de prestacións doutros sistemas de protección social

    Ante unha demanda dun recurso ou prestación que pertence a outro sistema de protección social como vivenda, sanidade, educación, emprego, seguridade social, administración civil, etc, dáse apoio ao usuario ben directamente ou ben axudándolle nas xestións que sexan necesarias para obter un recurso concreto.

  • Atención, apoio e seguimento de persoas en risco de exclusión social

    Prestación -cofinanciada polo Fondo Social Europeo, enmarcada dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, situada no eixo prioritario 2, no seu obxectivo 9 "Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación"- a través da cal e con outras accións, establécese un proceso de axuda profesional continuada no tratamento das dificultades e conflitos que se presentan en cada usuario.

    Acordarase coa persoa un plan de actuación que permita superar as dificultades e carencias graves que estan presentes na súa vida, e que a levan a unha situación de exclusión social ou de risco con consecuencias graves no seu mantemento e desenvolvemento de vida.

  • Atención, apoio e seguimento para persoas en risco de exclusión social

    Ofrécese a primeira atención á cidadanía que demanda información social -de carácter xeral ou específico- sobre recursos e prestacións de servizos sociais e/ou de protección social. Esta atención iníciase cunha consulta nas Unidades Municipais de Atención social, que será atendida polo persoal auxiliar ou polas traballadoras sociais da unidade.

  • Atención, orientación,seguimento e intervención con familias en situación de chabolismo ou infravivenda

    Información, seguimento e intervención con familias que viven en asentamentos chabolistas da Coruña.

  • Atención á infancia a domicilio

    QUE É?

    Esta modalidade contempla un conxunto de tarefas centradas nos coidados básicos e atencións prestadas aos e ás menores no seu propio domicilio e/ou fóra del.

    O fundamento principal desta modalidade son as necesidades e circunstancias de carácter familiar e laboral, de natureza extraordinaria, tanto dos e das menores (desde os 4 meses ata os 12 anos) como das persoas responsables que non poidan ser satisfeitas a través do servizo prestado nos espazos de atención á infancia e ludotecas, nin en ningún outro servizo posto a disposición por parte do concello ou doutras institucións públicas para atender necesidades de conciliación (espazos de atención á infancia e ludotecas de forma preferente, campamentos, comedores escolares, servizo de madrugadores en colexios públicos, actividades para menores programadas polo concello etc.). Á súa vez, configúrase como un servizo para necesidades puntuais, non de carácter estable ou estrutural prolongadas no tempo.

resultados 55

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión