Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de setembro de 2023

Este luns 18 abre o prazo de inscrición para optar ás prazas nos Locais de Ensaio municipais durante os vindeiros seis meses

Os novos grupos residentes terán a posibilidade de desenvolver, de balde, o seu proxecto musical nun espazo totalmente equipado, podendo gravar as súas composicións no estudio

Este luns 18 de setembro abrirá o prazo de inscrición para optar ás 48 prazas semanais que se habilitarán nos vindeiros seis meses nos Locais de Ensaio do Concello, unha iniciativa impulsada a través da Área municipal de Fomento e Promoción da Cidade co obxectivo de apoiar ao talento artístico e musical local.

Os únicos requisitos esixidos son os seguintes: que, cando menos, a metade dos compoñentes do grupo sexa menores de 30 anos, e que o 50% da agrupación acredite vivir ou cursar estudos actualmente na cidade para desfrutar das 3 horas semanais de ensaio que se ofertan por grupo. A documentación requerida deberá enviarse ao enderezo electrónico xuventude@coruna.gal.

As persoas interesadas poderán descargar os impresos na web locaisdensaio.blogspot.com. O prazo ordinario de inscrición rematará o 1 de outubro. Xa posteriormente, unha vez que se definan os novos horarios resultantes do proceso, comezarán a aplicarse a partir do 23 de outubro.

Neste sentido, os novos grupos residentes terán a posibilidade de desenvolver, de balde, o seu proxecto musical nun espazo totalmente equipado, podendo gravar as súas composicións no estudio, depurar a súa imaxe corporativa, gañar experiencia enriba dun escenario en eventos e festivais, e recibir o apoio que precisen con titorías específicas para cada proxecto.

Nos últimos meses, os grupos usuarios dos Locais de Ensaio estiveron especialmente activos: Batiscafo acaba de publicar o seu primeiro EP en todas as plataformas dixitais, os Crimson and Clover estiveron de xira en Madrid e Barcelona xunto ao grupo americano The Last Internationale, e grupos como Da-Da, Revel Velvet ou Roda Door foron protagonistas sobre as táboas nun verán cheo de concertos na cidade.

Ademais, a enerxía de Leftlovers fíxose notar durante o festival FIRC, no parque de Santa Margarida. Mentres tanto, grupos como Hundred Fires e Espina Dorsal tamén estiveron a traballar nos seus estudios, co obxectivo de publicar novas cancións proximamente. 

As agrupacións dos Locais de Ensaio tamén foron protagonistas da segunda edición dos Directos no Castelo, celebrada a finais de xuño deste ano. A demanda de entradas para acceder ao evento foi superior á capacidade do Castelo de San Antón, o que dá unha idea da calidade existente na canteira musical da cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión